Pepa Loba, atracadora e foraxida de finais do século XIX
Una das primeiras mulleres que dirixiu unha cuadrilla de homes, nunha época onde algo así era impensable. Isto deu lugar a que despois dela calquera muller coa súa disposición e poder de mando fose alcumada como ela.
Hilario, o pai de Casilda, morreu fai máis de cen anos. Contáballe á súa filla a historia que lle sucedía, aquel día no que grazas a un amigo que o recoñeceu puido salvar a vida.
A finais do século XIX, este bo home, dirixíase a casa da súa irmá, que estaba en mellor posición porque estaba casada cun home podente. Ía con frecuencia a través dos montes, a pé, para recoller comida e excedentes para traerllos aos seus fillos.
Un deses días viu un fume dunha fogueira e achegouse ata que logrou distinguir a unha muller xunto cunha cuadrilla de homes asando unha becerra. Quixo o destino que advertisen da súa presenza e tras amarralo levárono enfronte da súa xefa PEPA LOBA. Logo dun duro interrogatorio a foraxida ditou sentenza.
- MATÁDEO!!! . Era a famosa Pepa Loba e a súa cuadrilla de foraxidos. Un dos homes recoñeceuno e falou na súa defensa, contado que era un pobre e unha boa persoa e que non ía dicir nada.
Pepa Loba enfurecida replicou de novo: -Matádeo que que paxaro morto non pía. O inesperado amigo do grupo volveu pedir clemencia polo seu amigo dando a cara por el e polo seu silencio. Nunca xamais volveu achegarse onde saíse fume polo medo que pasou e aínda que prometeu non contar nada, non cumpriu a súa promesa, de facelo esta historia non chegase ata os nosos días.