O Xosé de Campelo foi o avó do Pipi, o bisavó do Xurxo.
De mozo tivo que emigrar como fixeron centos e miles de galegos na procura dun lugar onde gañar diñeiro.
O Xosé marchou para EEUU a principios do século pasado. Marchou traballar de pastor ás terras do norte onde estivo máis de 20 anos.
Contáballe aos nenos da aldea, ao seu regreso, as historias que lle alí lle aconteceran.
Regresou con máis de corenta anos a Piño cun motón de diñeiro que gañara en troques de pasar longos periodos de tempo aillado cos animais, de pastor, sen mediar palabra con ninguén, máis que cada tres meses cando lle levaban víveres. A súa única compaña eran os cans-lobos que el mesmo adestraba e lle axudaban a coidar do gado.
Foi pois ao voltar cando se casou e formou a súa propia familia. Converteuse nun prestamista, daquela non existían os bancos e lamentablemente perdeu a maioría do gañado por non recuperar o préstado. Nalgúns casos tivo que quedarse coa fianza que non cubría o importe do préstamo.