Dende os anos 80 do século pasado temos luz pública en Piño pero antes os veciños tiñan que alumarse cos fachóns para poder ver algo polos camiños.
Unha desas noites pechas ía a Sra. Carme de Outeiro alumeándose cun fachón polo Requeixo. Sábese da aficción da dona pola augardente, que seica fou a causante de que perdera o equilibrio vatera contra a palleira dos Ferreirolos. A piques estivo de arderlles todala casa. Inda hoxe, máis de 70 anos despois se poden ver as sinais que deixou na súa porta aquel desafortunado incidente.
Pero á señora Carme de Outeiro pésalle moito máis a fama de boa persoa, que os rumores do seu gusto pola augardente. Empoderada muller no seu tempo, lista e emprendedora e que tantos e tantos papeis arranxou e tanta xentiña e que acompañou alén do mar.