Ainda que figura como desaparecida na actualidade segue en pé. Está no Pacio e é a antiga Fragua onde viviu a Elisa e o Camilo.
Elisa dos Casa dos Zouriles
O Cuturro era o irmau da Cuturra Casa da Cuturra . Tiña un fillo que morreu asasinado cando andaba na sega en Castela e por iso lle deixou a súa sobriña a Elisa a casa.
Na actualidade logo de que fose vendida ao Ferrerías , logo do seu pasamento foi herdada pola súa filla quen na actualidade a ten á venda.
En canto ao asesinato do fillo do Cuturro en Castela foille atribuido a un veciño de Eirexalba da casa do Cabazo que tiña moi mala fama, xa matara a outro home antes da guerra en Rubián por non cederlle a parella e ao noso veciño clavoulle o fouciño da sega nas tripas.