Nos anos setenta a filla do Gambito mandou un Poder aos da Portela para vender as propiedades que deixaron en Piño.
Tratábase dalgunha finca e dunha pequena casa situada en Suhortos da que non queda nada.
Na antiga ubicación desta pequena casa, nos anos oitenta, o Ramón da casa da Elia que viñera para Piño e montara un supermercado na casa nova da Yolanda, no Pedredo, mercou o recinto e construiu un matadeiro para os becerros que vendía no supermercado. Hoxe segue en pe.
Non temos máis datos, o lugar de emigración da filla do Gambito foi Bos Aires, lugar do que nunca voltou.