Van pasando os anos e vaise quedando cada día máis lonxe o século XVII que é o que nos temos que remontar para ir a orixe desta lenda.
A igrexa orixinal da nosa parroquia estaba no Outeiro ainda que se levaba a enterrar ó Castro. O motivo polo que de alí se cambiou foi pola repetida aparición da imaxe da virxe tras un espiño. A xente do lugar dicía que era un milagre e o cura párroco dicía que si a imaxe aparecera alí e qué daquela Deus quería que se construíra a nova igrexa nese lugar. Así foi e así se construíu novamente na cima do Castro, co seu cemiterio adosado, onde aínda hoxe están os restos dalgúns dos invasores galos que viñeron a conquistarnos a principios do século XIX.
Do anterior cimenterio situado tamén no Castro inda quedan vestixios. Os máis vellos contaron que de pequenos ainda lembraban os muros e a porta onde había unha burata que contiña unha calaveira.
Contan que pasado máis dun século da construción da igrexa na cima do Castro, volveu aparecer a imaxe da virxe no actual sitio e os veciños, abraiados por semellante aparición, volveron a facerlle caso o párroco e construíuse a igrexa no sitio que está na actualidade.
Foi o cura SAL, o que trouxo a igrexa para a súa ubicación actual fai uns 150 anos.
A lenda pon de manifesto a perseveranza da igrexa para provocar milagres o seu entoxo e conveniencia, cousa que debería facer todo o mundo con sentido do ben, e non como fan algúns que so pensan en dañar.
Logo duns anos de estara igrexa onde está na actualidade, voltou a aparecer a imaxe da virxe noutro sitio, mais esta vez os veciños, mais abispados que en séculos anteriores, ou quizáis máis pobres, reveláronse contra do cura e a igrexa quedou onde está.
O largo de máis de dous séculos, os diferentes curas de Piño, tiveron en común o segredo da aparición da virxe e de complice ó sancristán pra mover a imaxe o seu antoxo.