Featured

Opinións Persoais

Poder comentar as miñas publicacións aquí.

Arbores Senlleiras

Lembrade as grandes árbores de Piño e dos arredores. Xa non queda ningunha. Por unha cousa ou outra foron talladas e xa non queda vestixio delas e da súa grandeza.

No carriozo recordo un gran abeto senlleiro, en Suhortos un gran Piñeiro. En Laiosa no 2018 talaron dúas que estaban no cemiterio como prevención de que puideran caer e causar estragos, tamén en Piño cortaron o último, un abeto da casa de Carnera, polo mesmo motivo

Có motivo da construción das vías de comunicación camións e camións deles foron expropiados e malvendidos. Có motivo dos lumes centos de castiros desapareceron .-

Temos que intentar conservar estas testemuñas vivintes da nosa historia.

Solicitude no Catálogo galego de árbores senlleiras

Por iso dente esta Web, animámoste a solicitar a inclusión da árbore máis senlleira da túa aldea

As Grandes Casas das Aldeas

  • Desaparecidas

    Nesta categoría van as casas pobres de solemnidade, que vivían da caridade dos demais e casas que desapareceron ben por fusionarse con outras, ou onde se ergueu outra no seu lugar e outras onde quedan vestixios da súa anterior existencia.

  • Contemporáneas

    As  casas sitas nos distintos lugares de PIÑO, as cales se irán engadindo consecutivamente ata ter o rexistro completo sen que haxa ningunha data límite para dar por rematada a sección.

  • Fidalguería

    Fidalgo : Persoa pertencente a unha clase social que vivía das rendas das propiedades agrarias, dominante, xunto co clero, no agro dos países de Europa Occidental entre a Idade Media e a xeneralización do capitalismo e que en Galicia se apoiou na institución do foro.

    Os pazos dos fidalgos.   Fonte: Real Academia Galega