Comentarios

No comments

Nobody has submitted a comment yet.

Setembro 2021

Resumo de Novas

O mes de setembro de 2021 seguiu sendo un mes atípico post pandémico.
Non houbo nin festas dos Remedios, nin o Ecce Huomo e ao San Mateo non acudiron a xantar máis que 3 ou catro familias ainda que os actos relixiosos se mantiveron.

No que respecta á nosa parroquia houbo algunhas novidades.
O antigo CAFÉ, outrora casa da Anita e do Castor vendeuse ao fin . Un matrimonio con fillos orihundo de Polonia mercaron a finca coa casa e supoñemos que viran vivir para ela nas próximas semanas.

No fondo do lugar reparouse o muro da casa de Amante e na finca de Balboa cortaron os pinos que estaban nunha esquina desa finca de 5ha. 

Como sempre setembro na aldea foi un mes de moito traballo. Arricada das patacas e de vendima entre outro quefaceres tiveron aos veciños entretidos.
Este ano as froiteiras, mazairas, preixegueiras e pereiras estiveron a rebosar e os membrilleiros tamén.

Ao final de mes un grave accidente de tráfico se saldou sen víctimas pese ao aparatoso que resultou.
Na curva do centro da Avda. de Bóveda, a carón da horta da Elvira a nosa veciña Dora que viña de Monforte ao atoparse con outro vehiculo que viña  en dirección oposta  tivo que maniobrar para apartar con tan mala sorte que foi bater cun penedo e saiu rebotada polo carriozo ata petar coas portas da finca da casa de Asturiano.

Afortunadamente ainda que o coche quedou para a chatarra e os danos bastantes a conductora saiu ilesa e o vehículo que supostamente viña algo centrado na curva nin se percatou da movida.

Por último no ceminterio da Ferreirúa deuse sepultura ao corpo da Sra, Perfecta Pérez Fernández, irmá da Germana e da Marina que finou na súa casa aos 92 anos de idade.

Neste mes de setembro tiven moitas ocupacións na Libraría da que son xerente. O curso escolar comezou e por iso é cando máis se traballa no sector.
E isto foi o pequeno resumo que vos podo contar do mes de setembro.

Sin máis agradecervos a todos a visita a web e a paciencia e perseverancia.

No hay comentarios