MÁIS DESPEDIDAS
Lamentablemente 1 mes e pico despois deixa este mundo e pasa a formar parte da historia da nosa parroquia.
Emilia era unha gran loitadora, gran traballadora e gran persoa. Todos os que a coñecimos damos fe disto.
Con ela vaise o último dunha xeración de grandes mulleres ás que lles tocou vivir un momento moi duro da historia de España e de Galicia, a guerra civil. Ainda que naquel momento eran nenas sufriron en primeira persoa as consecuencias do conflito.
O ano pasado deixábanos Elvira de Angelito, con 100 anos tamén.
E son poucas as persoas que conseguen acadar esa cifra máxica do século.
Nestes momentos hai varios veciños relacionadas co pueblo que rondan esa idade e non podo máis que desexarlles que consigan cumprilos.
Sábado 21 de maio sobre as 8 do serán será a misa de funeral e deseguido enterro no ceminterio da parroquia da nosa veciña, Emilia Villa. D.E.P.
Expresar publicamente á familia e todas as persoas que a querian o meu sentido pésame. D.E.P.
SEGUIMOS CON NOVAS
Xa ao mediodia comentounos no xantar que tiña unha forte dor no estómago, algo extrano, que nunca antes sentira o que me deixou coa mosca trala orella.
Pola tarde atopábase na casa de Sabelucho cando levantou un apero e ao facelo esforzo sentiu unha inmensa dor que fixo que se arrastrase ata a casa na busca de auxilio. Pensou que morría alí mesmo.
Conseguiu chegar ao Hospital de Monforte e aos 15 minutos xa o derivaron pra Lugo. Cando cheguei alí a iso das once e media da noite estábanlle practicando un cateterismo para destupirlle as arterias.
Tras dous días na UCI pasou a planta e alí segue a recuperarse.
Afortunadamente, de momento, todo quedou nun gran susto. Foi moi afortunado e nós tamén porque podiamos ter en vez de esta nova na páxina, outra esquela.
Fernando foi dado de alta o 20 de maio e xa se atopa na casa en recuperación.
CABODANO DO PÁRROCO DON MANUEL
Todas as persoas que queiran e que non puideron asistir ao acto de funeral e enterro poden acudir este día.
MAIO, MES DAS FLORES
A triste nova foi o falecemento de Germana Pérez Fernández, o día 2 en Barcelona e que foi enterrada no ceminterio parroquial o mércores día catro pola tarde.
Un ano despois do seu marido, Manolo, deixa tamén este mundo; nos corazóns de amigos e familiares un vacío grande e na memoria de todos os que a coñeciamos ben unhas pegadas inesquecibles.
A misa de enterro foi tamén a do cabodano do seu esposo Manuel Álvarez Pérez. D.E.P.