Comentarios

No comments

Nobody has submitted a comment yet.

Casa do Puntillon

Introducción

O Sacundino do Puntillón  ( foto casa antigua)

O pai da Pura, a mai do Manolo do Zuco,  (Abelardo) era dos Puntillós.

Os Xacobes eran tamén dunha rama dos Puntillós.

Duas irmás do Sacundino casaron en Eixon e formaron ali a familia

 

Algo de Historia 

Sacundino de Puntillón casou con Josefa da casa dos Quiroga. Non tiveron fillos .

Josefa erá irmá do pai do Manolo de Quiroga. Era irmá da Consuelo, a que casou co Salustio de Marelo.

Cando era rapaza ela e outra irmá querían ir para monxas de clausura pero ao carecer de dote non puideron entrar e foi cando xa de maior casou con Sacundino.

As lembranzas  que teño deles son vagas, a ela recordoa como unha muller moi anciá de pelo longo e branco .

Vivían moi modestamente e pese a que de miseria conseguiron xuntar  bastantes cartos  nunca puxeron a luz no seu domicilio e ata o final seguiron alumeándose con cándil 

o mesmo que o Farnés que tamén obtou por esta opción. 

Logo de finar Josefa , Secundino marchou a vivir a Eixón cuns parentes. 

A casa e as propiedades foron vendidas. Na actualidade no lugar hai unha nave propiedade de Toño e Mary.

No hay comentarios

As Grandes Casas das Aldeas