José Seijas Parada era oriundo de San Pedro do Incio pos súa nai Carmen Parada era do lugar e casara con Antonio Seijas dunha vila da Coruña.
Cando veu a Piño foi a casar coa dona María Rosa Figueiras Franco, que xa tiña un fillo de solteira, o Jesús.
Vivían no Requeixo ao lado da casa do Rei.
O matrimonio tivo seis fillos, Luís, Carmen, Jerónimo, Mercedes, Saturnino e Felicitas, esta última casou co Luis do Vila. Ao Pepe de todos chamábanlle así porque ía a casa de todos os que o necesitaban para traballar e facíao a cambio dun bolo de pan, touciño ou o que lle deran para poder darlle de comer a súa familia.
Os recordos deste personaxe dos que hoxe ainda viven e o coñecen ven sexa por historias ou referencias e de ser unha moi boa persoa e un gran traballador.