No item found!
REMATAMOS ABRIL
Rematamos abril contando algunhas novas máis.
Están poñendo a Fibra Óptica na nosa parroquia tal e como se está a facer en moitas aldeas aproveitando os postes que traen o telefono están metendo un cable paralelo coa fibra. Dende a igrexa ata a casa da Marina vai baixo terra e noutros puntos do pobo polo mesmo lugar que está posto o teléfono convencional.
Quero comentar que o día cinco de abril cumpliu 100 anos unha querida veciña da nosa parroquia, Emilia Villa López, filla de Baldomero ( nome que leva a casa) e Severina. Dende esta páxina transmitirlle a ela e a toda familia os meus parabéns.

SAN XURXO
No día de San Xurxo, DÍA DO LIBRO, na Librería Pelayo de Monforte de Lemos, a cal rexento, celebramos a xornada cun 10% de desconto non soamente en libros senón en todos os artigos. Para celebralo aínda máis imos contar coa presencia de dous escritores da contorna.Un do C@urel e otra de Bóveda que acudirán a libraría a falarnos algo dos seus traballos e a asinar libros a aqueles que vos acheguedes.
Mirian Casas asinará os libros IKAL dos que é autora e falaranos un pouco deles e tamén de onde lle ven esa paixón pola escrita. Lémbrovos que tanto o pai como a nai de Mirian son oriúndos de Piño como xa vos comentei, casa Galgo e casa Marelo.
Suso Parada ven dende Meiraos, o Caurel. Nesta ocasión presenta tamén dos poemarios editados por TOXOSOUTOS. Proximamente sacará un novo coa editorial Peruchela Edicións pero de momento ven a falarnos destes dous. Stella Matutina, recén salido ao mercado e Ecoando nas Valgadas, que saíu no mes de xaneiro.
Sin máis novas espero contar con algún de vos no acto ainda que esta nova non avisa con moito marxe de tempo.
Por outra banda quero destacar que volven as festas e como remate do mes de abril A FERREIRÚA celebra as súas. Xa está posto o cartel anunciador da mesma no lugar habitual.
Por outra banda quero destacar que volven as festas e como remate do mes de abril A FERREIRÚA celebra as súas. Xa está posto o cartel anunciador da mesma no lugar habitual.
SEMANA SANTA
A feira do viño de Sober abriu a Semana Santa nesta contorna do sur lugués.
Foron milleiros de persoas as que asistiron nalgunha das dúas xornadas a este evento que cada ano conta con máis afluencia. Recupérase o Domigo de Ramos como o día oficial desta festa do viño.
Realmente viuse moito movemento de persoas vidas doutros lugares de España, tanto en Piño como en xeral en todas al aldeas e vilas. O aluguer rural está funcionando moi ben.
Realmente viuse moito movemento de persoas vidas doutros lugares de España, tanto en Piño como en xeral en todas al aldeas e vilas. O aluguer rural está funcionando moi ben.
E quedamos sen misas en semana santa en Piño. Era sabido que ao falecer Don Manuel non iamos ter máis ceremonias que non fosen as forzosas. Confírmase pois o previsto, quedamos sen párroco ordinario para ter un extraordinario.
Chama a atención que non tiveramos noticias do cabodano de D. MANUEL que fixo o 9 de marzo 1 ano do seu enterro no ceminterio de San Pedro da Pobra do Brollón. Seguramente acaecerá moi pronto. Espero que nesta ocasión os seus feligreses acudan a darlle o adeus que se merecía e que a pandemia lle privou.
NOVAS DE PRIMEIROS DE MES
Comezamos abril con xeadas moi fortes que xa no primeiro día do mes afectou aos concheiros, ameixeiras, cerdeiras e as patacas de cedo que literalmente quedaron queimadas pola friaxe.
Hoxe, 6 de abril seguiu estas temperatura de ata -3 graos baixo cero polas mañáns que vimos sufrindo na última semana. Polas tarde unha brisa de neve fixo moi desagradables os paseos e onte que amainaron un pouco o sol quentou pasando dos 20graos.
Estas diferencias de temperatura e cambios de tempo afecta non soamente aos árbores e prantas senón que ademais repercute no noso estado anímico e como non tamén físico.
Imos ser positivos e pensar que esta vindeira semana santa poderemos disfrutar duns días "normais" onde nin o sol nin a xeada sexan os protagonistas.