Comentarios

No comments

Nobody has submitted a comment yet.

Agosto 2020

15 de agosto

O día 16 de agosto fomos de andaina ata a Fonte dos Curas e aos restos da antiga igrexa do Castro. 
Lamentablemente o mal olor que desprende a granxa de porcos do Rodo chega envolve o Castro  o que transformou un sitio no que antes se respiraba xenial. Pese a todo  temos sorte de que non nos chegue as casas.

Por outro lado á misa do 15 de agosto acudiron bastantes persoas que pasan os seus dias de veraneo no pobo. Deixo uns pequenos videos do evento.

D.E.P.

Novas de Piño

D.E.P. O día 12 Misa de Funeral na igrexa parroquial e enterro da Señora Manuela da casa Murra. Manuela estaba na residencia de Sober coa súa filla Rosa María dende hai uns catro ou cinco anos. Unha triste nova que nos pilla de sorpresa xa que ao non haber aviso coa campá case ningún veciño se enterou e non puideron ir a darlle o último adeus.


O día dez comezou a chover logo de coarenta días sen facelo e a acuciante necesidade que había dela fixo que a recibiramos con moita alegría.

E no mesmo día que comezou a choiva limparon as cunetas da estrada principal. Este ano máis cedo que o acostumado o que convirte o feito nunha moi boa noticia. Sendo como é de estreita e estando a maleza como estaba era un grave risco perigro que supoñía  no estado que estaba sendo como é tan estreita.


Deixo unhas fotos para que disfrutedes dos paisaxes do noso pobo. Saúdos.

Novas de agosto 2020


ADIANTO

Comezou o mes  de agosto e ao noso pobo acercáronse veraneantes de Madrid, Barcelona, País Vasco e tamén de Francia e Inglaterra.
Que saibamos nestes momentos non hai ningunha persoa residente no lugar afectada polo COVID-19 .



AS MISAS e o PÁRROCO 

Pese á enfermidade que arrastra o noso actual cura párroco celebra a misa  cada quince días. Neste mes de agosto celebrouna o pasado domingo día 2 e voltará a celebrala  o día 15, día da Asunción da Virxe, patrona da parroquia. Santa María de Piño.
Todo un exemplo de perseverancia e Fe o que D. Manuel nos da facendo este sacrificio. Vemos como cada día lle custa moito máis realiza-la ceremonía pero pese a isto él non desiste e mantense ao frente de todas as parroquias que leva.

Te pido perdón...

Tal vez y de vez en cuando me apetece escribir en castellano por eso en estos momentos quiero pedirte disculpas por no hacerlo más frecuentemente. Lamento que no comprendas todo lo que escribo en mi lengua materna pero no es un capricho, ojalá lo fuese, así podría pasarme.
Adquirí el bilingüismo al mismo tiempo que fuí creciendo, renunciar a él, para mí un sacrificio que ejemplifica el orgullo que todos como gallegos debemos de sentir al expresarnos en nuestra lengua madre. 
Prolongar el uso de nuestro idioma gallego es mi pequeña colaboración con esta tierra de  tradiciones, historias y leyendas milenarias.

No hay comentarios