Comentarios

No comments

Nobody has submitted a comment yet.

Decembro 2018

Felices Festas de Nadal!!!

Son moitas as persoas que veñen a pasar o Nadal eiquí a Piño. Dende Barcelona, Madrid ou cidades galegas como Vigo ou Santiago estas datas traen a moitos veciños que están vivindo e traballando lonxe. 

O pobo énchese un pouco e da gusto atoparse con xente.

Desafortunadamente estase poñendo perigoso pasear polos montes polas pragas

 

A Velutina en Piño

Na Fonte da Vila, chegando a casa do Ferrerías nun dos carballo da finca da Cerca, hai un gran balón de velutinas.

Parece que xa se deu parte pero a gran altura da árbore non fai que resulte doada a súa eliminación.

Hai bastante preocupación entre os veciños. As colmeas de abellas de varios particulares foron atacadas e morreron case todas.

Balón de Velutinas Carballo con Velutinas camiño local social carreiro Fonte da Vila

 

   

HISTORIAS E HISTORIETAS

Comezamos o mes de decembro celebrando varias matanzas domiciliarias nas casas da nosa aldea.

Pese a que cada ano se reduce o número de persoas que realizan este tradicional festexo de aprovisionamento  continúase a facer aproveitando  todas e cada unha das partes do animal.

Cada ano pecha algunha casa na nosa parroquia, as defuncións son o motivo principal. A falta de relevo fai que cando isto acontece  a edificación quede sen uso co conseguinte deterioro derivado do paso do tempo e da falta de coidados.

Ser pioneiros á hora de por a dispor do público as nosas vivendas fará que Piño se manteña habitado, doutro xeito case se pode garantir que dentro dun século non quedará ninguén.

É verdá que somos poucos aos que nos interesa o que pase nun futuro no que nos xa non contemos. Habémolos,  e saber que non estamos sólos na ambición de deixar o mellor posible esta terra que nos viu nacer,  fai que sigamos traballando sen dar por vencida esta loita contra a orde establecida a golpe de diñeiro que persegue o abandono das terras de labradío e da vida  do e no rural.

Soño cun futuro onde os nenos enchan de novo as rúas de Piño, onde  os paseos en bicicleta os leven a ollar árbores senlleiras e a beber auga de mananciais sen contaminar. 

Aterrorízame pensar que dentro de cen anos non poidan ollar eses marabillosos seres vivos do reino vexetal  de trescentos anos, máis que en retratos, tamén me sobrecollo ao imaxinar que os animais autóctonos téñanse exterminado. Paxaros mil que xa non hai, lobos  que desapareceron e así pouco a pouco ao igual que nos abandonando estas terras que tanto se labraron cando non había con qué.

Estase a ver  que o home  coa súa maldade e ambición está traballando en prol do  reino de móneras (bacterias).

 

 

No hay comentarios