Comentarios

No comments

Nobody has submitted a comment yet.

Febreiro 2022

REMATE DO MES DE FEBREIRO

Acabou febreiro tristemente para todos aqueles que perderon un familiar o un amigo.
A nosa veciña Celia repousa no camposanto envolta polas centos de flores que lle achegaron familiares e amigos. Seguro que lle gustaría saber da cantidade e fermosura de flores que lle agasallaron no seu adeus.
Imos morrendo, un detrás doutro. Pouco a pouco deixando este fermoso e complexo mundo. 
Hoxe ela foise e mañá  seremos nós conveténdonos en  lembraza ata que se  esvaeza a derradeira persoa que dee conta da nosa existencia... É triste, é duro de aceptar pero é a realidade. 
A vida despois da morte, a reencarnación .. todo iso para min non é máis que unha ilusión e esperanza,  pois por moito que vivamos despois de morrer non imos ser nós, os desta vida, os que sexamos....
Celia morreu, e tamén Marisa .. e Don Manuel... e así un tal vez a día de hoxe poda nomear a máis de cen persoas desta parroquia que viviron na miña época, pesoas que quixen e coas que compartin vivenzas en maior ou menor medida.  E con canda un deles pouco a pouco a aldea morre...e o corazón e o pensamento énchense de tristura.

Mais novas

Lamentamos comunicarvos que no día 24/02 damos a despedida a unha querida amiga e veciña, Celia Morales López, da casa de Xan María.  D.E.P.
A misa de funeral e seguidamente o traslado do corpo ao ceminterio parroquial será mañá 25/02 a partir das  15:30hs.
Logo de loitar contra unha grave enfermidade non puido superala definitivamente. 
Déixanos unha querida persoa, amante da natureza, das flores, dos animais... boa xente sen dúbida. Nunca a esquecerei.
Dende estas liñas expresar o meu máis sentido pésame a toda a familia.

Celia Morales López

Primavera 2021

Seguimos con Frío

Achegámonos ao Entroido sen pena nin gloria, xa que na nosa aldea,  morreu a tradición fai anos. Nin un compadre nin unha comadre dende hai alo menos un lustro.
Agora sen misa e sen antroido. Sen tradicións relixiosas nin paganas..
Que imos facer!!!...Somos poucos e con pouca gana de lerias.

Unha boa nova é que se veu a vivir a Piño unha nova parella. Dende esta web deséxolles unha boa vivencia nela. Trátase dun sobriño neto da Marisa do Sono.

No local social  os membros da asociación veciñal Santa Bárbara tiveron unha reunión o domingo día 20 a que acudiron non soamente algúns dos socios senón tamén outros veciños que non o son pero que non quixeron deixar de pasar a oportunidade de asistir. Presentaron contas e trataron temas relacionados coa inversión do diñeiro dispoñible.

Dende o que queda da CMVMC seguen sen presentarse contas públicas. 
Non vou poñer nada máis porque a censura sería moi dura. Que non lle quede a menor dúbida a ninguén que  cando chegue  o momento vou chegar a onde sexa preciso para devolverlle a legalidade a unha mal xestionada CMVCM .

Novidades de mes

Rematou xaneiro cuns días moi fríos; chegamos ata os 7 baixo cero nalgún mencer. Durante máis de dez días estivemos nesta situación. Grazas a que lle botaron sal na estrada e no fondo da costa, fomos librando de sairnos fora pero en xeral estivo moi perigrosa como podedes ver na imaxe.
Comezou febreiro igual de frío pero con pinta de cambio, xa no día de San Brais o ceo estaba teñido doutra cor; espertáronme por primeira vez no ano o canto dos paxaros.. e non era para menos, casaron onte na Candelaria, como teñen por costume. ;=))).
As mimosa floreceron na terceira semana de xaneiro pero como o frío foi tanto non luciron tanto como outros anos. Onde lucen é  no cañón do Sil ata Ourense, un paisaxe digno de presenciar nesta época do ano.
E bueno.. xa vos irei contado máis novas. Deixovos unhas fotiños de Piño deste ano.
Grazas pola visita.

No hay comentarios