Comentarios

No comments

Nobody has submitted a comment yet.

Maio 2022

sta BARBARA

SANTA BÁRBARA 2022

No último fin de semana do mes de maio celebramos neste 2022 a festa da Santa Bárbara que acostuma a coincidir coa Ascensión.
Houbo misa na igrexa parroquial ás 13.30hs. a onde acudimos numerosos veciños a rendirlle adoración a virxe da artillería.
Non tivemos procesión. Non houbo nin gaiteiros nin orquestras.
Polo serán  os tronos viñeron e trouxeron a auga con moito xeito. A piques estivo de caer pedra pero valeu a misa e as nosas pequenas colleitas foron benditas coa tan necesitada auga.
Non tiveron tanta sorte en Monforte onde as imaxes das inundacións  amosaron grandes danos en baixos.

Na última hora do domingo 29 de maio falecia na súa casa D. Manuel Morales Docasar, coñecido por todos como Morales, aos 96 anos de idade. Morreu de súpeto sen ningún tipo de patoloxía previa. Ainda que tiña unha avanzade idade conservou a saúde ata o seu último día. D.E.P.
Morales fora emigrante e tamén albañil ademais dun gran traballador. Un querido e respetado veciño de esquerdas que nos deixou tamén neste mes de maio.
Lamentablemente rematamos o mes con esta triste nova.

CABODANO DO PÁRROCO DON MANUEL

O Ilustrísimo Bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco oficiu tamén o cabodano do que foi o noso cura parroquial por máis de vinte anos don Manuel Casanova Pérez. 
Medra a admiración polo noso Bispo cando lle escoitamos falar con tanta cercanía e lle oimos dicir cousas tan xustas e sensatas. Pero eu non llelas oín dicir. Non puiden acudir tampouco nesta ocasión a homenaxear ao meu amigo Don Manuel, ao que tanta estima lle terei sempre. As miñas obrigas coa labor ao frente dun negocio fixeron que non puidese pechar para asistir ainda que era e meu desexo. Persoalmente quedara de entregar uns pedidos nesa xornada e non viñeron a recollelos ata ben pasada a hora do evento.
Non soamente faltei eu ao cabodano polo visto non foi casi ningun dos seus antigos feligreses. De pouco lle valeu a Don Manuel portarse ben con todos, cumprirlle os gustos e non cobrarlles por nada. Fixo misas a todos, comunións, bautizos, bodas..
A todo o que lle pedían accedía gustoso sen cobrar un peso por elo e as veces ainda sendo máis permisible nas obrigas que os devotos debían de cumprir para oficiar os sacramentos. 
Ninguén se lembrou del no seu pasamento porque eran tempos do Covid e a ninguén lle veu ben ir ao cabodano. Ningún respecto nin consideración cunha persoa que con defectos, como todos, sempre se portou ben con todos e cumpriu cos seus votos ata o último momento da súa vida. Con case noventa anos misaba todos os domingos en varias parroquias  para non deixar abandoadas ás persoas que foron educadas na fe da igrexa de Cristo.
Esí somos de agradecidos. Lamentablemente cada día somos máis inhumanos.
_______________________________________________________________
O próximo sábado 21 de maio ás 12 do mediodia na parroquia de San Pedro da Pobra do Brollón, misa de aniversario por Don Manuel Pérez Casanova.
Todas as persoas que queiran e que non puideron asistir ao acto de funeral e enterro poden acudir este día.
ALFONSO CARRASCO ROUCO

MÁIS DESPEDIDAS

Fai un mes contábavos  que a nosa veciña Emilia de Baldomero cumpliu os cen anos. 
Lamentablemente 1 mes e pico despois deixa este mundo e pasa a formar parte da historia da nosa parroquia.
Emilia era unha gran loitadora, gran traballadora e gran persoa. Todos os que a coñecimos damos fe disto.
Con ela vaise o último dunha xeración de grandes mulleres ás que lles tocou vivir un momento moi duro da historia de España e de Galicia, a guerra civil. Ainda que naquel momento eran nenas sufriron en primeira persoa as consecuencias do conflito.
O ano pasado deixábanos Elvira de Angelito, con 100 anos tamén.
E son poucas as persoas que conseguen acadar esa cifra máxica do século.
Nestes momentos hai varios veciños relacionadas co pueblo que rondan esa idade e non podo máis que desexarlles  que consigan cumprilos.

Sábado 21 de maio sobre as 8 do serán será a misa de funeral e deseguido enterro no ceminterio da parroquia da nosa veciña, Emilia Villa. D.E.P.
Expresar publicamente á familia e todas as persoas que a querian o meu sentido pésame. D.E.P.

SEGUIMOS CON NOVAS

O sábado 7 de maio, Fernando de Peruchela sufriu unha insuficiencia respiratoria, logrando sobrevivir. 
Xa ao mediodia comentounos no xantar que tiña unha forte dor no estómago, algo extrano, que nunca antes sentira o que me deixou coa mosca trala orella.
Pola tarde atopábase na casa de Sabelucho cando levantou un apero e ao facelo esforzo sentiu unha inmensa dor que fixo que se arrastrase ata a casa na busca de auxilio. Pensou que morría alí mesmo.
Conseguiu chegar ao Hospital de Monforte  e aos 15 minutos xa o derivaron pra Lugo. Cando cheguei alí a iso das once e media da noite estábanlle practicando un cateterismo para destupirlle as arterias.
Tras dous días na UCI pasou a planta e alí segue a recuperarse.
Afortunadamente, de momento, todo quedou nun gran susto. Foi moi afortunado e nós tamén porque podiamos ter en vez de esta nova na páxina, outra esquela.
Fernando foi dado de alta o 20 de maio e xa se atopa na casa en recuperación.

MAIO, MES DAS FLORES

Comezamos o mes celebrando o día do traballo e o día da mai por coincidir co primeiro domingo do mes.

A triste nova  foi o falecemento  de Germana Pérez Fernández, o día 2 en Barcelona e que  foi enterrada no ceminterio parroquial o mércores día catro pola tarde.

Un ano despois do seu marido, Manolo, deixa tamén este mundo; nos corazóns de amigos e familiares un vacío grande e na memoria de todos os que a coñeciamos ben unhas pegadas inesquecibles.

A misa de enterro foi tamén a do cabodano do seu esposo Manuel Álvarez Pérez. D.E.P.

No hay comentarios