Comentarios

No comments

Nobody has submitted a comment yet.

Marzo 2021

Rematamos Marzo

O día 28 de marzo domingo de Ramos deste 2021 non houbo misa na nosa igrexa parroquial. A boa nova é que o día catro de abril ás 11 da mañá si que haberá.  O novo párroco encargado da nosa parroquia oficiará nela a súa primeira misa.
Aproveitando este acto falarase de como se vai a proceder coa xestión da luz do lugar, luz que estivo pagando o anterior párroco D. Manuel ata  o seu pasamento e que agora inda que lle corresponde o pago ao obispado tal vez teña que ser xestionado a traveso dalgún representante, ben sexa asociación ou particular.

+ NOVIDADES

Nos primeiros días do mes de marzo entrevistaronme de Onda Cero Monforte para o programa Facendo Empresa. Deixo unhla ligazón ao audio do programa.

SOBRE O ENTERRO DE DON MANUEL

A misa de funeral de enterro de Don Manuel Casanova foi celebrada na tarde do martes día nove de marzo de 2021 na igrexa de San Pedro da Pobra do Brollón.
Foi oficiada persoalmente polo  Excmo. Bispo de Lugo, D. Alfonso. 
As irmás da Residencia Infanto Xuvenil Obreiras de Xesús  da Ferreirúa leron unha emotiva adicatoria na lembranza do finado que conmoveu aos presentes.
Ademais un dos párrocos  presentes  leeu un resumo da vida no sacerdocio do finado, facendo un repaso polos lugares e as parroquias  nas que estivo deselvolvendo a súa labor.

As medidas restrictivas derivadas da pandemia impediron que houbese un multitudinario acto de despedida. Houbo cautela e a xente respectou as restriccións.

NOVAS DE MARZO 2021

O sete de marzo foi o día que Don Manuel, o noso cura párroco faleceu. 
As campás da nosa igrexa tocaron a defunto A nosa parroquia está de loito.
Don Manuel sustitui ao anterior párroco Don Elias a finais dos oitenta ou quizáis a primeiros dos noventa pero nós coñecíamolo de sempre porque cando  eramos pequenas era o cura máis novo que había pola contorna, non é que fose un rapaz pero tiña a mesma idade que teño eu hoxe, inda non chegaba aos 50, e iso era atípico porque á maioría tiñan unha avanzada idade.
Daba misa en Veiga e Santalla. Él promoveu a misa ao aire libre polas festas da Santa Lucía en Santalla,  e nunha desas ocasións onde a confesión inda non tiña desaparecido eu mesma lle confesei que lle fora roubar os morotes da retoral de Piño a Don Elias...Eu era pequena pero xa sabía que era un sacerdote ao que se lle podía contar todo.
Don Manuel foi arcipreste de Santalla de Rei.
Trasladouse a vivir a retoral de Piño nos anos noventa onde viviu ata máis ou menos o 2015 cando,  xa por problems de saúde, se mudou a súa casa de Santo Adrian cun dos seus irmáns.
Sempre dicía que quería continuar deica o final da súa vida exercendo o sacerdocio e así o fixo. A derradeira misa na nosa parroquia realizouna o pasado mes de setembro. Á semana seguinte de misar en Piño foi a Freituxe onde accidentalmente sufriu unha caída  na que rompeu sete costelas. Tal circunstancia agravou  a súa situación e delegou no seu amigo D. Manuel ex párroco de Silgueiros, O Incio, e compañeiro de seminario,  para a realización das misas dominicais que a partir dese momento pasaron a ser quincenais.
Este pasado día sete de marzo o seu amigo comunicou persoalmente a defunción do noso querido, apreciado,  amigo e párroco D. Manuel Casanova.  Tamén nos comunicou  que él xa non volvía máis a misar á nosa parroquia xa que si viña era porque o seu amigo llelo pedira e agora  co seu pasamento a promesa quedaba liberada.

MÁIS COUSAS

Apuntamentos 

Don Manuel era un párroco que oficiaba as misas sen ningún tipo de sermón. Eran misas breves as que non resultaba tedioso asistir porque sabías de antemán que en 20 minutos estabas fóra.

Sabemos que a un 99% de familias ás que lle celebraba un acto relixioso non lle cobraba por facelo como tamén temos constancia de que celebrar a boda, o bautizo e a comunión nas súas parroquias non resultaba un acto  de rigorosa preparación.

Don Manuel  oficiaba a misa nas oito parroquias das que estaba encargado, Ferreiros, Ferreirúa, Veiga, Santalla de Rei, Piño, Mosteiro, Freituxe e Ribas Pequenas. A maiores facia os enterros dos lugares pertencentes ás parroquias. Os de Chorente en Ribas Pequenas, aos de Proveiros a misa da festa, ao igual que aos da Veneira. En Pacios de Veiga enterros e outros actos relixosos.

No hay comentarios