No mes de setembro na igrexa parroquial houbo neste mes unha primeira comunión e un cabodano.A primeira comunión foi do Sergio o fillo pequeno da Susana da casa do Melchor e o cabodano de D. Manuel Veiga Docasar, Manolo de Vales, que vivía en Bóveda e que xa fixo un ano que finou.
Por outra banda comentar que as máquinas da Deputación, se é que ten a competencia, limpando as cunetas da carretera principal, non o fixeron este ano. Tamén están arranxando a carretera que vai dende a Chá a Centeais, con algúns pequenos problemas cós lindes.
Nas eleccións ao Parlamento Galego na mesa de Eixon non houbo novidades, sen poñer cartel propagandistico en Piño o PP sacou maioria absoluta na citada mesa, ainda que no total do concello perdeuna.
En principio sen mais novidades, rematou o mes chovendo a última semana.