SETEMBRO 2022
Rematou agosto con festas. En Eixón onde celebraron o San Bartomeu, e algúns veciños de Piño animaronse a ir bailar. O San Vitoiro tamén volveu a festexarse e moitos foron os que ata alí foron xantar. En Bóveda volveu a celebrarse a comida de fraternidade polo San Xil.
Pouco a pouco os veraneantes foron marchando á súa habitual residencia ..
Setembro transcurriu cunha certa normalidade pre pandémica. Houbo festas en moitas das parroquias dos redores. En Canedo adiantaron 1 semana o San Miguel e tamén se adiantaron en Pacios e Cereixa.
Lamentar neste mes o falecemento doutra veciña da parroquia, Dina, da casa de Carnera. Dende estas liñas expresarlle publicamente o meu pésame pola perda a súa neta Laura e ao seu fillo e nora.