Comentarios

No comments

Nobody has submitted a comment yet.

Xuño 2019

REMATANDO O MES DE XUÑO

Amelia, unha das fillas do Marcial, falleceu en Barcelona aos 95 anos de idade. A misa e funeral de enterro será este próximo domingo na nosa parroquia. 
Tamén falleceu aos 99 anos de idade o Manolo de Asturiano, a misa de funeral e enterro será o venres 21 de xuño .

TEMPO DE HERBA

Nestes días tamén vemos na foto que puxeron uns tubos e botaron firme no camiño do común de Pompedriña - Bouzas.
É tempo de herba  para as familias que viven do agro e do leite. Tempo de traballo.

ACÉRCASE O VERAO

O día 8 na igrexa parroquial celebrouse o primeiro cabodano en lembranza da Remedios da casa Morales. Xente de toda a contorna quixo arroupar á familia  e adicar uns  momentos ao seu recordo.
Levaba moito tempo sen haber un acto  relixioso tan multitudinario na nosa parroquia. Orihunda de Rivas Pequenas, Remedios era unha persoa moi coñecida e que non fallaba nunca aos enterros e cabodanos dos amigos e coñecidos dos arredores. Xente do seu pobo natal,  Ribas Pequenas, de  Eixón, Santalla, Pacios, Viduedo, Ferreirúa etc etc..correspondeulle coa súa presenza á misa de funeral que na súa memoria se celebrou.

E co mes de xuño os galegos emigrados á Barcelona comezan a volver á nosa parroquia como a outras de Galicia. O bon tempo fai que se animen a vir a pasar os tres ou catro meses que acostuman a pasar na terriña, ao ano. Con eles  os lugares anímanse un pouco máis.

As horas de luz desta época fan que as labouras do campo se extendan ata altas horas do que en inverno sería media noite. 
Este ano parece un bon ano de froitas. Hai cereixas, ameixas e pavias. Os racimos van bastante ben.

01 de Xuño - Procesión Sta. Bárbara
02 de Xuño - Procesión Sta. Bárbara

No hay comentarios