Decembro 2022

Breves Novas dende Piño

  • 20/12/2022  A noite deste día chouveu cunha constancia e intensidade que xa facía prever que a estrada ía a estar asulagada.
    Na imaxe lateral podedes ollar como se atopaban As Pontes. Facía moitos anos que a auga non a traspasaba deste xeito.
    Arriscarse  a pasar por iste tramo  soamente é para intrépidos.  Ir de cú ata o cruce da vía de servicio do canal de regadío do Val de Lemos e non poder seguir por esa vía dado o deterioro que posúe e ter que dar a volta por Eixón para evitar quedar no medio e quedar sin vehículo de traballo.

Principios do mes

  • Comezou o mes de decembro de 2022 cun tempo moi frío. O sábado día 3 seguimos coa nebra todo o día e non subimos de 1 grao.
  • O Manolo de Probeiros, o home da Flora do Sono, fixo unha miniatura con pinzas da igrexa da nosa parroquia que donou para a mesma. 
  • As matanzas comezaron tamén esta primeira semana de decembro. Cada ano faise algunha menos pero de momento sobreviven. 
  • Por outra banda ya se sabe que o que denunciou os pinos do agro de Piño do Souto Grande foi un veciño do pueblo e non unha rutina esporádica da administración. 
  • Como podedes ver remata o ano e con ela remata o subdominio casas.webpino.com, espero que che agrede esta nova versión mellorada.

Máis Cousas

O  sábado día 17 presentei en Bóveda no centro Sociocultural un novo poemario editado por Peruchela Edicións.
O libriño en sí e unha escolma de versos relacionados con tradicións de outrora e co río Mao ao seu paso por Ribas Pequenas. O autor, O Piteira, orihundo dese lugar viuse obrigado a deixar a súa aldea a idade de oito anos, feito  que o marcou profundamente.

Poderedes ver moi pronto a ligazón ao video do evento.

Aldeas e luces de Nadal

O lugar de Mosteiro, limitrofe coas terras de Piño  pertencente ao concello de Bóveda sorprende a todos este nadal co alumeado que exibe no lugar. Un concheiro de centos de anos alberga no seu interior un fermoso e rural belén. O campanario da antiga igrexa luce unhas fermosas luces e polas rúas hai estrelas e adornos de anxos luminosos. Tamén hai un buzón onde se pode escribir unha carta aos reis magos. Eu xa botei a miña. 
Este Nadal si podes visita Mosteiro e desfruta ti mesmo da iluminación coa que os veciños adornaron o lugar. Chama a atención o gran letreiro de landras que felicita as festas.  Felicito dende esta web aos responsables de tan fermosa iniciativa.

Nadal en Mosteiro

Chegou a Cegoña

Hoxe 18 de decembro foi o final da copa do mundo de futbol e a selección Arxentina impúxose á francesa.
Tamén chegou a cegoña a nosa aldea a pasar o inverno.

Luces en Piño

Luces de Nadal en Piño

Co reloxo a tan so 24hs. de Noiteboa un grupo de veciños da nosa parroquia quixo participar do Nadal decorando con luces o atrio e a igrexa parroquial.
Tamén montaron o Belén na entrada da igrexa.
Non houbo misa o 25 pero as portas da igrexa estiveron abertas de 16 a 19 hs. para  todos aqueles que quixeron acercarse a ver o Belén e de paso puideron rezar e ata bicar ao neniño.
Cada 25 de Nadal mentres Don Manuel puido non faltou a misa en Piño e o neno Deus  foi adorado por todos os practicantes. Fermosos recordos de tempos que non voltaran., datas, estas do Nadal, moi nolstalxicas onde se fan máis presentes os ausentes.

Rematou o Outono e as follas das árbores foron mudan as súas cores e puidemos desfrutar un ano máis do espectacular colorido.
Unhas cores que mudan dun día pra outro, uns momentos que si retratas xusto ao velo recolle esa  máxica transformación.
Chegou o inverno e pouco a pouco van caindo as últimas follas ...Van caendo tamén os días e rematando o ano.

BUCEANDO IDEAS PARA WEBPINO

Axudas?

Contacta

Gústariache ver medrar a nosa aldea?

Queres Participar?

Saber máis

Vir a Piño a pasar as vacacións

Buscamos que facer na aldea?

AVANCEMOS

As Grandes Casas das Aldeas

  • Desaparecidas

    Nesta categoría van as casas pobres de solemnidade, que vivían da caridade dos demais e casas que desapareceron ben por fusionarse con outras, ou onde se ergueu outra no seu lugar e outras onde quedan vestixios da súa anterior existencia.

  • Contemporáneas

    As  casas sitas nos distintos lugares de PIÑO, as cales se irán engadindo consecutivamente ata ter o rexistro completo sen que haxa ningunha data límite para dar por rematada a sección.

  • Fidalguería

    Fidalgo : Persoa pertencente a unha clase social que vivía das rendas das propiedades agrarias, dominante, xunto co clero, no agro dos países de Europa Occidental entre a Idade Media e a xeneralización do capitalismo e que en Galicia se apoiou na institución do foro.

    Os pazos dos fidalgos.   Fonte: Real Academia Galega

Image
Alt Text
APROVEITA AS OFERTAS EN LIBRO DE TEXTO E PAPELERÍA Recibe na túa casa os libros e o material escolar para o novo curso 2023-2024 Os mellores prezos Online.