Maio 2021

A FESTA DA SANTA BÁRBARA

O domingo 16 de maio na igrexa parroquial as 13:00 tivo lugar a misa na honra a Santa Bárbara. 
D. José Luis Glez o noso actual párroco oficiou a misa para as vinte persoas que nosa acercamos.
A Santa María lucíu o traxe novo, cabeleira peiteada e interiores mudados.
Un gran centro de rosas ofreceu como cada ano a Marisa do Sono.
O sábado seguinte houbo  unha primeira comunión.

A CASA NIÑO DE PIÑO

A casa Niño de Piño sita en Suhortos, foi protagonista nas redes sociais do Concello da Pobra quen fixo eco da labor tan importante que desenvolven no lugar.

ACTIVIDADES CULTURAIS

Peruchela Edicións segue presentando libors na  Librería Pelayo.  
No día das Letras Galegas presentamos o poemario "Elpis na Lareira" de Xesús Alfonso Parada Jato.

Presentación Poemario "Elpis na Lareira"

Videos de Presentación de Libros

17 de maio dia das letras galegas

XELA ARIAS

As Grandes Casas das Aldeas

  • Desaparecidas

    Nesta categoría van as casas pobres de solemnidade, que vivían da caridade dos demais e casas que desapareceron ben por fusionarse con outras, ou onde se ergueu outra no seu lugar e outras onde quedan vestixios da súa anterior existencia.

  • Contemporáneas

    As  casas sitas nos distintos lugares de PIÑO, as cales se irán engadindo consecutivamente ata ter o rexistro completo sen que haxa ningunha data límite para dar por rematada a sección.

  • Fidalguería

    Fidalgo : Persoa pertencente a unha clase social que vivía das rendas das propiedades agrarias, dominante, xunto co clero, no agro dos países de Europa Occidental entre a Idade Media e a xeneralización do capitalismo e que en Galicia se apoiou na institución do foro.

    Os pazos dos fidalgos.   Fonte: Real Academia Galega

Image
Alt Text
APROVEITA AS OFERTAS EN LIBRO DE TEXTO E PAPELERÍA Recibe na túa casa os libros e o material escolar para o novo curso 2023-2024 Os mellores prezos Online.