

Como vén sendo habitual podes descargar o calendario 2026.
Espero que che guste.
Primeiros de Xaneiro
Comezamos 2026
As visitas navideñas trouxeron consigo unha proliferación de virus e gripes.
Este 2026 comezamos moitos con síntomas moi fortes, febres, mucosidade e tos. Unha gripe moi agresiva.
Rematou 2025
Podes ver algo dos cantos de nadal celebrado na nosa parroquia o pasado día 27 de decembro.
Batidas de xabarín en Piño: cando a caza invade as fincas privadas
Seguimos con choiva e mal tempo. O inverno está a cumprir todas as expectativas.
Como vén sendo habitual nestes fins de semana de xaneiro, non se debe andar polo monte nin polos camiños da aldea. Os cazadores ocupan todo o territorio e saír convértese nun acto perigoso: expóñeste, literalmente, a recibir un tiro.
Cómpre lembrar algo fundamental: as fincas onde se realizan batidas de xabarín en Piño son fincas particulares, pertencen a veciños e veciñas do propio lugar. Non estamos a falar de que todo é monte comunal, nin de terreos abandonados, senón de propiedades privadas ligadas á vida da aldea.
Porén, durante as batidas, estas fincas pasan a ser ocupadas por cazadores alleos ao lugar: entran todoterreos, colócanse postos e dispáranse armas, facendo que quen vive en Piño non poida transitar con tranquilidade nin acceder as súas propias parcelas.
Ao meu modo de ver, isto supón un abuso e unha falta de respecto cara ás persoas propietarias e cara á xente que habita o territorio. A xestión do xabarín non debería implicar que os veciños teñamos que quedar na casa por medo.
Por que sucede isto e dende cando?
Moita xente pregúntase por que sucede isto e por que agora. A resposta non é sinxela, pero si clara: esta situación non existiu sempre así.
Nos últimos anos, a Xunta de Galicia declarou o xabarín como especie en situación de “emerxencia cinexética” en boa parte do territorio. Esta figura permite intensificar a caza, ampliar períodos, autorizar máis batidas e flexibilizar condicións que antes eran máis restritivas.
Ao mesmo tempo, a Lei de Caza de Galicia e a súa aplicación práctica favoreceron que grandes extensións do territorio rural, incluídas fincas privadas, queden integradas en réximes cinexéticos onde a prioridade é o control da fauna, non o uso cotián que fan del os veciños.
Así, decisións tomadas desde despachos afastados da realidade das aldeas tradúcense en que lugares como Piño se convertan, durante certos días, en espazos ocupados pola actividade cinexética. Os propietarios e residentes deixan de ter control real sobre o seu territorio, mentres se normaliza que non poidan pasear, traballar nas fincas ou simplemente estar fóra da casa con tranquilidade.
Non é que os veciños ocupemos un espazo de caza; é a caza a que ocupa un espazo habitado.
Un abuso amparado pola lei
En Piño, esta combinación —fincas privadas + emerxencia cinexética + batidas organizadas— crea unha situación onde algúns veciños nos sentimos ameaazados e desprotexidos.
Para rematar
Por todo isto, é necesario pedir que se reverta esta situación de acaparación do territorio por parte da actividade cinexética. Non se pode seguir permitindo que, amparados nunha lei da Xunta de Galicia, uns poucos pasen por riba dos nosos dereitos.
As leis non son eternas nin inmutables, pero parece, e non poden quedar para sempre por riba do dereito á seguridade, á propiedade privada e á vida digna no rural.
As fincas teñen dono, teñen historia e teñen uso, e non poden ser tratadas como espazos dispoñibles sen consentimento.
Se a caza quere seguir realizándose nestes termos, o mínimo esixible é respecto: que se compense economicamente ás persoas propietarias polo uso das súas fincas e que se informe con antelación clara e suficiente cando se vaian realizar batidas.
Só así se pode falar de convivencia e non de imposición.
O territorio non é un escenario alleo: é a nosa casa.
