Casa do Manueliño

Na actualidade esta casa está en venda logo de que a primeiros do século XXI a comprase un matrimonio e agora ao divorciarse decidiron desfacerse dela. A casa está moi ben arranxada, ten ximnasio e piscina ademais de ser unha construcción en terra.

O Manueliño viñera de Cuba cando o seu irmán que estaba casado con Anuncia, faleceu dunha  enfermidade sen chegar a coñecer ao seu fillo Manuel que estaba por nacer. Ocupou o posto como novo esposo de Anuncia e con ela tivo varios fillos máis. 

Construiu a actual casa e viviu coa súa dona ata ben maiores e despois marcharon cos fillos para Barcelona. Un deses fillos Modesto, casado cunha de Fornelas,  foi o que veu a vender a propiedade. Outra filla, Luisa casara cun dos de Rei.

O Manuel, fixo do seu irmán e de Anuncia casou con Amable da casa Carballal e tiveron un fillo, Carlos.

 

Casa do Merelle

O Merelle era Garda Civil xubilado. Tamén era carpinteiro. Tiña unha vitrola e ía a rapazada de Piño alí a bailar. Daquela, na segunda década do  século XX era unha gran modernidade.

Casou, xa de idade, cunha muller do Incio que proviña de Formigueiros e vendeu a casa de Piño.

A casa comprouna un irmán da María, da casa do Carballal, que viñera de Cuba e que casou con Estrella de Forguitaina.

Está no barrete de Suhortos

Casa do Puntillon

Introducción

  ( foto casa antigua)

Esta casa como moitas outras do  lugar fóronse dividindo en lexítimas. 

Unha das esquinas pertencía a Abelardo, pai da Pura, mai do Manolo da Germana. Alí foi onde Pura tivo a todos os seus fillos.

Na outra parte da casa vivía Sacundino coa súa muller.

Algo de Historia 

Sacundino de Puntillón casou con Josefa da casa dos Quiroga e non tiveron fillos .

Josefa erá irmá do pai do Manolo de Quiroga (nome) e tamén de Consuelo, que casou co Salustio de Marelo.

Cando era rapaza ela e outra irmá querían ir para monxas de clausura pero ao carecer de dote non puideron entrar e foi cando xa de maior casou con Sacundino.

Vivían moi modestamente e pese a que de miseria conseguiron xuntar  bastantes cartos. Nunca puxeron a luz no seu domicilio e ata o final seguiron alumeándose con cándil,  

o mesmo que o Farnés que tamén obtou por esta opción. 

Logo de finar Josefa , Secundino marchou a vivir a Eixón cuns parentes. 

A casa e as propiedades foron vendidas. Na actualidade no lugar hai unha nave propiedade de Toño e Mary.

 

NOTA: Faltan datos que serán aportados no libro impreso.

As Grandes Casas das Aldeas

  • Desaparecidas

    Nesta categoría van as casas pobres de solemnidade, que vivían da caridade dos demais e casas que desapareceron ben por fusionarse con outras, ou onde se ergueu outra no seu lugar e outras onde quedan vestixios da súa anterior existencia.

  • Contemporáneas

    As  casas sitas nos distintos lugares de PIÑO, as cales se irán engadindo consecutivamente ata ter o rexistro completo sen que haxa ningunha data límite para dar por rematada a sección.

  • Fidalguería

    Fidalgo : Persoa pertencente a unha clase social que vivía das rendas das propiedades agrarias, dominante, xunto co clero, no agro dos países de Europa Occidental entre a Idade Media e a xeneralización do capitalismo e que en Galicia se apoiou na institución do foro.

    Os pazos dos fidalgos.   Fonte: Real Academia Galega