Comentarios

No comments

Nobody has submitted a comment yet.

Casa Nova do Quintairo

Situada no Quintairo, hai datos que apuntan que antigamente pertenceu ao Clero.
Fai máis de 150 anos compráronna os da casa de Barroso e viviron nela ata que mercaron a antiga casa  Eirexa coa propiedade, nela  construiron a actual casa Barroso   e esta casa  usouse de graneiro e  de  cuadras de animais no século XX. 

No 2019 vendeuse e acondicionouse. Esta reforma fixo desaparecer unha das últimas lareiras da nosa parroquia.

 

 

Casa do Cuturro

Casa do Cuturro 

Ainda que figura como  desaparecida na actualidade segue en pé.  Está no Pacio e é a antiga Fragua onde viviu a Elisa e o Camilo.

Elisa da Casa dos Zouriles .  

O Cuturro era o irmau da Cuturra (Casa da Cuturra ) . Tiña un fillo que  morreu asasinado cando andaba na sega en Castela e por iso lle deixou a súa sobriña  Elisa a casa.

Na actualidade logo de que fose vendida ao Ferrerías , logo do seu pasamento foi herdada pola súa filla quen na actualidade a ten á venda 

En canto ao asesinato do fillo do Cuturro en Castela foille atribuido a un veciño de Eirexalba da casa do Cabazo que tiña moi mala fama, xa matara a outro home antes  da guerra en Rubián por non cederlle a parella e ao noso veciño clavoulle o fouciño da sega nas tripas.

As Grandes Casas das Aldeas