Casa do Pepe de todos

José Seijas Parada era oriundo de San Pedro do Incio pos súa nai Carmen Parada era do lugar e casara con Antonio Seijas dunha vila da Coruña.

Cando veu a Piño foi a casar coa dona María Rosa Figueiras Franco, que xa tiña un fillo de solteira, o Jesús.

Vivían no Requeixo ao lado da casa do Rei.

O matrimonio tivo seis fillos, Luís, Carmen, Jerónimo, Mercedes, Saturnino e Felicitas, esta última casou co Luis do Vila. Ao Pepe de todos chamábanlle así porque ía a casa de todos os que o necesitaban para traballar   e facíao  a cambio dun bolo de pan, touciño ou o que lle deran para poder darlle de comer a súa familia.

Os recordos deste personaxe dos que hoxe ainda viven e o coñecen ven sexa por historias ou referencias e de ser unha moi boa persoa e un gran  traballador.

As Grandes Casas das Aldeas

  • Desaparecidas

    Nesta categoría van as casas pobres de solemnidade, que vivían da caridade dos demais e casas que desapareceron ben por fusionarse con outras, ou onde se ergueu outra no seu lugar e outras onde quedan vestixios da súa anterior existencia.

  • Contemporáneas

    As  casas sitas nos distintos lugares de PIÑO, as cales se irán engadindo consecutivamente ata ter o rexistro completo sen que haxa ningunha data límite para dar por rematada a sección.

  • Fidalguería

    Fidalgo : Persoa pertencente a unha clase social que vivía das rendas das propiedades agrarias, dominante, xunto co clero, no agro dos países de Europa Occidental entre a Idade Media e a xeneralización do capitalismo e que en Galicia se apoiou na institución do foro.

    Os pazos dos fidalgos.   Fonte: Real Academia Galega