4ª Semana de Agosto
Rematamos o mes cunha reunión no local social para a compra dun campo para o pueblo. Dito terreo atópase a uns 200 metros da igrexa parroquial de camiño a Vales e pertence a dúas persoas de Piño que teñen residencia habitual en Barcelona. O custe do mesmo con rexistro a nome da asoc. veciñal Sta Bárbara ronda os 6000 € o que suporía un desenvolso de 120 Euros por parte de 50 veciños.
Proximamente saberemos si esta iniciativa sae adiante. Según indicaron fontes cercanas todos os presentes na reunión amosaron o seu interese.
Por outra banda o 28 de agosto, o pedazo de carretera que vai dende a Chá de Ribas ata o cacho do concello da Pobra, que estaba sen asfaltar, levou unha capa de gravilla salpicada de alquitrán o que fará que alo menos se conserve nese estado ata o inicio das primeiras choivas, un par de meses aproximadamente.
En canto á carretera que fora asfaltada en quente no seu tramo de Pobra fai moi pouco tempo, sufriu agrietamento en varias zonas e non foi inxectada. Cerca da nova granxa de porcino, fendeu e fíxose un burato ocasionado probablemente polo peso dos grandes trailers que trouxeron as pezas, palas e outras maquinarias pesadas que se usaron para dita obra.
2ª e 3ª Semana de Agosto
O mércores día 15 na igrexa parroquial misa da Asunción na memoria de Antonio Pérez Quiroga da casa de Forguitaina e renovación de votos no 25 cabodano do matrimonio da súa neta María Rosa, que celebrou así as vodas de prata.
Neste fin de semana 18-19 foi a festa da Santa Lucía en Santalla e do San Roque en Ver.
O sábado día 18 de agosto as 18:30 cabodano de Jovita da casa de Paz, mai de Sindo. Á hora da comunión o noso párroco tivo un achaque e a misa finalizou con gran preocupación polo seu estado por parte dos feligreses. Foi trasladado ao hospital comarcal onde logo de facer probas quedou ingresado. A súa vida non corre perigo pero si estará uns días convaleciente.
1ª Semana de Agosto
Rematamos xullo cun accidente no fondo da costa , enfrente ao sitio de Balboa. Tanto a Voz de Galicia como O Progreso fixeron eco do acontecido na que se viu implicado un camión de Finsa baleiro e unha rapaza de Eixón.
Rapidamente o concello da Pobra enviou a limpar as cunetas que tan perigosas estaban xa que as máquinas da Deputación non o fixeron e a xente que veranea nestas terras xa está nos lugares de residencia habituais. Parece ser que o mesmo concello sufriu unha chamada de atención por facer esta tarefa tan precisa, porque segundo fontes da Deputación non entra dentro das súas competencias.
O sábado día catro xantar no local social organizado pola asociación veciñal Santa Bárbara. Pódese ver no mes de xullo a foto do anuncio. O venres día 3 as oito e media do serán na librería Agrasar de Monforte houbo a presentación do libro "Conexiones Naturales" de Carlos Villarrubia , con raicés de Piño, neto do Marcial o cantineiro. Foron moitos os veciños que se acercaron ata o lugar a acompañalo neste momento.
Si alguén quere a foto orixinal con boa resolución pode solicitala a
Galería imaxes Agosto 2018
{vsig}agosto18{/vsig}
Mini-Vídeo Momentos