Comentarios

No comments

Nobody has submitted a comment yet.

Decembro 2020

Boas Festas!!!

Por primeira vez en  moitas décadas e quizáis séculos, non se vai celebrar na igrexa parroquial de Piño a misa do 25 de Nadal.

O accidente que tivo o noso cura párroco don Manuel a finais deste verán fai que as misas sexan quincenais polo que ata o domingo 27 non haberá.

Dende esta web deséxovos a todos que dentro das cirunstancias actuais pasedes unha inmellorable Noiteboa e un Feliz Nadal. Saúde e Amor.

Chegou o Inverno

Comezou o mes de nadal con matanzas e nevadas. 

Neste último trimestre do ano naceu Peruchela Edicións que promoven eu mesma como consecuencia da demanda que deste servicio hai na nosa comarca. A ultima semana de novembro presentamos na Libraría Pelayo de Monforte  dúas novas publicacións. Podes ver os eventos celebrados neste outono na páxina informativa da Libraría 






 

No hay comentarios