PRA REMATAR OUTUBRO
Remata a I FASE de Coñece o Teu Camiño.
Este domingo 27 de outubro última andaina da primeira fase do camiño de inverno a Santiago que promove o concello en colaboración coa Xunta de Galicia para a promoción do Xacobeo 2021.
Somos varios os veciños da parroquia que estamos a disfrutar destas andainas, que veñen tendo lugar os domingos rematando cun xantar e cunha visita a algún lugar de interese atopado nas terras recorridas na xornada.
Na imaxe podemos ver parte do grupo que acudiu a 4ª etapa desta 1ª fase.

ASÍ REMATAMOS O MES
Tamén terá lugar o próximo día 27, domingo, no local social da parroquía, o xantar de samaín, organizado pola asociación veciñal de Piño Santa Bárbara.
ASI COMEZAMOS O MES
Comezamos o mes de outubro co funeral de enterro de Manuel Morales Reyes da casa Francisco de Suhortos. O sepelio tivo lugar o pasado día 2.
O día catro sobre as cinco da tarde un helicoptero trasladou a Esther Casas, irmá da Nelita ao Hula (Hospital Univer. Lucus Augusti) ao considerar que non había medios no hospital de Monforte para tratala axeitadamente. Ao parecer estaba na horta prantando unhas coias coa súa irmá cando se empezou a sentir indisposta. O aterraxe do helicoptero espertou gran curiosidade entre os veciños que se acercaron ata o lugar.
Máis Cousas
Este fin de semana grandes festas do San Froilán en Pacios de Veiga.
O domingo 6, 3ª etapa da ruta do camiño de inverno que organiza o concello da Pobra.

ANDAINAS POLO CAMIÑO DE INVERNO
O Concello da Pobra do Brollón organiza unha serie de rutas polo Camiño de Inverno dende Nocedo ata Santiago de Compostela.
Camiñar e máis
As xornadas comezarán ás 8 da mañá, hora de saída do bus da Pobra do Brollón, concretamente dende o antigo cuartel da garda civil.
A participación nas rutas é gratuíta. Os interesados deben contactar antes do mércores da semana da ruta. Hai que inscribirse por WhatsApp no teléfono 650624828 indicando o nome completo, DNI, e a etapa (ou etapas) nas que se queira participar
+ INFO