Comentarios

No comments

Nobody has submitted a comment yet.

Outubro 2022

EVENTO PRESENTACIÓN LIBRO

Sigo facendo presentación de libros e eventos dende a  xerencia de Peruchela Edicións e Librería Pelayo.  Este pasado venres 22 de outubro no Ateneo Casino de Monforte de Lemos presentouse o último libro editado por nós. Entre o Luceiro e a noite. Si queredes ver algo máis pulsa aquí

NOVAS DE OUTUBRO

A principios de setembro chamoume unha amiga de Vales e contoume que os lobos viñeran e atacaran as ovellas dos veciños. Parece ser que ao arder os montes da Pobra e montañas dos redores atrevéronse a baixar de novo ata aquí.

Esta noticia é importante xa que facía moitos anos que non se vian polo entorno. Sabemos que por terras de Bóveda tamén se poden ver nestes días do outono de 2022.

 

+ NOVAS DE OUTUBRO en PIÑO

  • A primeiros de mes un veciño de Suhortos tivo un accidente no cruce que divide a carretera para Santalla ou para Pacios e tivo que vir atestados.
  • Polo visto alguén levou para a súa casa as tapas dos rexistros da auga que vai ata o Souto Grande, feito que causou bastante malestar entre os veciños.
  • Fixo moita calor para o tempo que estamos e apenas choveu. Polo Pilar que sempre había cogumelos este ano estaba todo seco. O día 18 comezou o cambio do tempo e con ese cambio chega a tan necesitada auga. 
  • O 23 de outubro choveu e venteo moitísmo de noite, ventos de máis de 90Km x hora.
  • O 24 é o día das Bibliotecas. Membros do colectivo LEMOSLE  festexou este día cunha cea de  confraternidade entre persoas relacionadas co mundo da lectura na comarca de Lemos.

No hay comentarios