Comentarios

No comments

Nobody has submitted a comment yet.

Setembro 2019

TEMPO DE OUTONO

ANDAINAS POLO CAMIÑO DE INVERNO

O Concello da Pobra do Brollón organiza unha serie de rutas polo Camiño de Inverno dende Nocedo ata Santiago de Compostela.

Camiñar e máis

As xornadas comezarán ás 8 da mañá, hora de saída do bus da Pobra do Brollón, concretamente dende o antigo cuartel da garda civil. 

A participación nas rutas é gratuíta. Os interesados deben contactar antes do mércores da semana da ruta. Hai que inscribirse por WhatsApp no teléfono 650624828 indicando o nome completo, DNI, e a etapa (ou etapas) nas que se queira participar

+ INFO

REMATAMOS SETEMBRO

Rematamos setembro e con el as vedimas e os traballos desta época do ano.
O día 15 de setembro na igrexa parroquial a misa dominical foi na memoria de Manola Piñeiro da casa dos Silvarrey, coincidindo co aniversario da data do seu falecemento.

Noticias de Setembro

O sábado día sete na igrexa parroquial cabodano do Sr. José  López Díaz  natural da casa  Barroso, e marido da Marina. O domingo oito na Ferreirúa enterro do Pepe da Perfeuta, irmá da Marina. 
Da reunión da asociación veciñal Santa Bárbara houbo dimisión do ata agora Presidente, José Manuel, o actual pedáneo situación que levou  a convocar unha nova reunión O día doce onde escolleron como novo Presidente ata o remate dos catro anos a José Luis do Portelo.

Máis Cousas

Denuciar  públicamente unha vez máis a falta de respeto aos veciños da parroquia por parte duns poucos que soamente pensan no propio beneficio.

Cando como secretaria da CMVMC de Piño solicitamos e conseguimos permiso para a limpeza e acondicionamento da parcela 637 das Bouzas, estaba ben especificado nela que a parte correspondente a sección 4,  non se podían talar esas árbores.

Por interesese particulares argallouse a apertura dunha pista arrasando ao seu paso a máis de unha ducia destas árbores protexidas.
Logo duns días aproveitaron e levarona para a casa, sin  notificación nin previo acordo público.

Quero expoñer estes datos   publicamente para poñelos en coñecemento dos que ainda non o saben. Felicitar e aplaudir aos promotores e executores deste novo antentado contra o patrimonio público da xente que vivimos na parroquia.

Podese ver na imaxe no sixpac como estaba o xuncal cheo de árbores autóctonas e tamén podemos ver como na actualidade volven nacer os xuncos. Eses son os feitos, arrasaron unha parcela por unha subvención para deixala ao monte de novo, escondendo o permiso da parcela 637.

No hay comentarios