ANDAINAS DO CONCELLO DA POBRA DO BROLLÓN
Na Ferreirúa e noutras parroquias xa comezaran o ano pasado e a esta iniciativa unímonos tamén os veciños de Piño.
Unha rica historia, un gran patrimonio paisaxístico e unhas lendas que nos levan a coñecer o pasado dos nosos antergos nesta mesma terra.
Un grupo de 24 persoas xuntámonos no adro da igrexa parroquial. Logo de explicar algo da historia da mesma, púxemonos camiño ao Castro.
ANDAINA POR PIÑO
Ao rematar de ver algúns dos restos arqueolóxicos que están no Castro separamonos e continuamos 20 persoas.
Chegamos ata camiño de servizo de regadío do Val de Lemos e subimos a carreira de Suhortos.
As historias que se contaron e os datos que se deron a coñecer non trascenden a estas liñas, quedan reservadas para vindeiras edicións .
E moi importante contar cos camiños acondicionados para facer este tipo de rutas.
No vran a nosa parroquia recibe aos seus habitantes emigrados a outras terras ou descendentes deles. Poder ter a opción de visitar o noso Castro é unha boa nova