ESCRITORES CON ORIXE EN PIÑO
Fai uns anos coñecín a Raúl Morales, de Suhortos, que estaba fortemente vencellado á nosa parroquia aínda que afincado fóra da comunidade galega. Lamentablemente o seu precipitado falecemento fai que non dispoñamos de máis obras que das varias que quixo ceder e compartir con nós, tales como A corda da Santa Compaña.
Nos últimos anos descubrimos que da rama dos Plata hai un autor, Carlos Villarrubia, que hoxe por hoxe segue escribindo en varios formatos.
Mirian Casas é de pais naturais de Piño, da casa da Marela e da Casa de Galgo. Reside en Bóveda e ainda que a súa profesión é a de enfermeira no pasado ano entra no mundo do libro publicando a novela IKAL.
Mayte Rguez, a miña irmá, leva escribindo dende que rematou a carreira de xornalismo. Ten a súa propia revista especializada dende fai máis de 20 anos pero non é ata 2021 que publica o seu primeiro libro, neste caso o poemario "Hasta que llegué al silencio".
Outros amigos vencellados a Piño teñen publicado obras, tanto da casa de Carpinteiro, ou da casa da Marina polo que a paixón pola escrita venlle aos de Piño de arraigue.

PODES PECHARME
Presentación UNIVERSO VILLARRUBIA
Libros de Carlos VIllarrubia
Na Libraría Agrasar de Monforte este próximo venres día 18 de marzo a partir das 20hs. o noso veciño Carlos Villarrubia fará un acto de presentación dos libros que forman parte da colección Universo.
Quedan más cielos.
Amor manando amor.
El niño del Tobogán.
Al ritmo de Madrid.
Os libros son unha mistura de xéneros que o autor desenvolve como autor multimedia.
Quedan más cielos.
Amor manando amor.
El niño del Tobogán.
Al ritmo de Madrid.
Os libros son unha mistura de xéneros que o autor desenvolve como autor multimedia.
Presentación IKAL 2
IKAL 2
No primeiro fin de semana de mes na Libraría Agrasar de Monforte a nosa veciña de Bóveda, Mirian Casas presentou o seu segundo libro, IKAL 2. Trátase da segunda parte de IKAL que presentara o ano pasado.
Temos na libraría tanto o primeiro como o segundo tomo dispoñible e é probable que de cara a semana santa nos acompañe na LIBRERIA PELAYO para presentarvos o libro a todos os interesados. Ya irei informando.