Comentarios

No comments

Nobody has submitted a comment yet.

Casa da Cuturra

A casa da Cuturra estaba situada no entorno do Pacio.

A Cuturra casara cun irmán do Pepe de Todos.  

Por aquel entón, nos anos vinte do  século XX,  quedou viuva xa que o seu home morreu na batalla de Anual.

Dese matrimonio á Cuturra quedáronlle dous fillos, Vitorino e Jesús.

Na súa viuedad,  ainda nova quedou, preñada por terceira vez e tivo outro fillo, Pedro. Ela aseguraba que era dun da Casa dos Quiroga.

Vitorino foi Policia en Barcelona e logo montou un bar. Levou á mai para onde eles ata que finou.

Jesús foi Garda Civil por terras de Pantón.

Pedro, finado fai poucos anos, vendeu todo. Vivía en Gerona e tivo dous fillos un deles, Esteban xa finado.

Na actualidade o lugar físico que ocupaba esta casa pertence á casa Da Nesa.

Casa do Voluntario

A ubicación da casa do Voluntario  sabemos que foi onde hoxe en día está o galiñeiro da actual casa da Yolanda, no Requeixo.

Sabemos dela polo que contou o Manolo de Baldomero Casa dos Villa ( Loureano, Baldomero e Leandro), xa que a súa nai era desa casa.

Cóntase na tradición oral que o Voluntario vello viu como mataron ao Benito de Carnera. ( Lendas )

Casa do Carabinero

En Piño,  houbo un lugar en Suhortos, ao lado da casa do Sindrán enfrente da casa da Elia e ao lado do seu pendello, está en pé , eí morreu este personaxe, O fillo do Carabinero, que pertencía a unha unha ramas dos Quiroga, daba clases particulares por que sabia algo mais ca maioria, xa que, seu pai o levara con el para todos os lados, era pasante do Notario. o escribiente, do Notario da casa da Lama en Eixón, que logo foi vendida e comprada por unha filla do Andres e a Candida,

Nos últimos dias da súa via deulle a casa ao Manuel de Sindrán por coidalo.Casa do Sindrán

Os carabineros rotábanse cada ano, rotaban para que non se familiarizara coa xente. Mudaban  de destino, unha vida nómada.

O abuelo da Loli era casa de Alexandro Casa de Alexandro, casou coa Teresa do Carabinero que era filla deste.

Un carabinero é unha figura que se encargaba de resguardo fiscal e contrabando, prohibicións de sementar produtos determinados.

Esta figura desapareu pasandolle as funcións á G.C.

 

 

 

As Grandes Casas das Aldeas