Casa do Ronfe

Esta antiga construcción segue existindo na actualialidade  e pertence a  Lorena, neta do Benigno de QUEVEDO.

Poño pois a casa entre as desaparecidas xa que non queda ningún descendente vivindo ou con outra casa en Piño.

O Ronfe, chamábase Xosé. Casou cunha irmá da Elisa da casa do ZOURIL, descoñecemos o nome, e tivo dous fillos con ela Antonio e Javier. Casou en segundas nupcias con Aurea, da casa dos MARELOS e tivo un fillo Juanito. Parece ser que viviron de arrendo na casa do CARASTO.

Xosé o longo da súa vida trouxo a vivires con él aos seus tres fillos en distintas épocas pero acabou votandos a todos xa que ningún lle resultaba o idóneo. A fama que lle quedou era de ser  a bó para os veciños pero non tanto para as súas donas.

Antonio, un fillo do primeiro matrimonio, traballou en Renfe e  viviu en Piño algún tempo, cando foi maior seu pai levouno para Madrid onde alí morreu. Dicíase que a muller do Antonio do Ronfe era madrileña que nacera xustiño a carón da Porta do Sol.

O outro fillo Javier, casou cunha de Ferreiros da casa dos ARCADIO, dos fotógrafos

Parece ser que o tal Antonio do RONFE, unha boa persoa que non hai tantos anos que finou e que moitos lectores desta Web seguro que lembrades, tivo dous fillos e unha filla. Froito desta filla  é o político Tomas Gómez.

 

Casa do Plata

Das ramas dos Plata saíron ao menos as seguintes casas:

Casa do Ricardo, comprada por Pepe da Flora, actual casa da Yolanda

Casa de Carpinterio, a  Visita, o seu pai era dos Plata. 

Casa de Xan María , a mai do Pepe era dos Plata.

Casa de Benjamín , a Emilia era dos Plata.

Casa Benigno, el era dos Plata.

Peruchela, Perucho era dos Plata (actual bodega do Requeixo e casa que comprou a Maruja de Leandro ao Pepe da Flora).

Marcial  era  Plata.

Casa de Caballal - a María era dos Plata, mai de Ricardo, Antonio, Amable, Carlos, Dolores...

Na actualidade Amable de Carballal que casou con Manolo de Manueliño, pais de Carlos, arranxaron unha antiga casa e recuperaron o  nome da casa dos Plata. 

Casa da Carolina

Da casa da Carolina non temos probas de que fose á que lle compuxeron no seu día a popular canción galega a saia da Carolina, pero sabemos que ela foi unha persoa moi popular. Do  seu primeiro matrimonio cun dos Galgos tivo dous fillos Dolores de Xacobe e Arturo, desaparecido en Cuba. Do segundo matrimonio có Lores, porque era do Lor, tivo a  Concha casada cun irmao do Manuel do Xusto, a Julia  casada con Nicanor, a Manuela casada co Antonio dos Ferreirolos  e que lle darían o nome a súa casa como a da Portela e a  Esperanza casada con Juan da casa de Seoane.

Herdou a casa julia que casou con Nicanor ao que coñeceu cando veu a traballar á casa dos Balboa. Tiveron dous fillos, Antonio e Julita.

Antonio foi un veciño moi admirado polos nenos dos oitenta porque era un home moi ilustrado. Casou con  Manola Piñeiro Glez  coa que non tivo fillos.  Antonio Silvarrei Vega, fillo de Nicanor e Julia,  filla de Carolina.

Do matrimonio de Julita cun de Ferrería do Incio houbo duas fillas que viven en Lugo.

As Grandes Casas das Aldeas

  • Desaparecidas

    Nesta categoría van as casas pobres de solemnidade, que vivían da caridade dos demais e casas que desapareceron ben por fusionarse con outras, ou onde se ergueu outra no seu lugar e outras onde quedan vestixios da súa anterior existencia.

  • Contemporáneas

    As  casas sitas nos distintos lugares de PIÑO, as cales se irán engadindo consecutivamente ata ter o rexistro completo sen que haxa ningunha data límite para dar por rematada a sección.

  • Fidalguería

    Fidalgo : Persoa pertencente a unha clase social que vivía das rendas das propiedades agrarias, dominante, xunto co clero, no agro dos países de Europa Occidental entre a Idade Media e a xeneralización do capitalismo e que en Galicia se apoiou na institución do foro.

    Os pazos dos fidalgos.   Fonte: Real Academia Galega