Casa dos Zouriles

A casa dos Zouriles estaba situada no Pacio, ao lado da Casa do Guardia e enfrente da Casa do Cuturro.

A Elisa era filla dos Zouriles. Un irmán seu marchou para Arxentina  deixando hipotecada a casa para conseguir o diñeiro  para poder marchar. Como nunca retornou o diñeiro do préstamo e a casa foi embargada e a Elisa foi vivir á casa dos tíos que logo herdaría.

Foron moitas as familias galegas que perderon as súas pertenzas ao deixar hipotecadas casas e terras para poder emigrar e non ter para devolver o préstamo.

Casa do Xusto

Estaba sita no Barrete de Tres, entre a casa do Barroso e a casa de Seoane.  O que quedaba dela vendeuse  a finais dos noventa aos de Seoane.

Nela naceu  Xusto, pai do Manuel e do sr. Juan da Cubana, que era fillo dunha dos Galgo.

O fillo do Manuel,  Lino, o derradeiro zapateiro da nosa parroquia finado o 16/04/2012, e a súa dona Concha, oriunda de Rivas Pequenas, viviron na ubicación actual da casa, na rúa do Pacio. O matrimonio tivo unha filla Marina que casou con Toño, oriúndo de Canedo e como froito deste último casamento nace Carlos Álvarez.

Casa do Guardia

A casa do Guardia que estaba ubicada no Pacio ao lado da casa dos Zouriles,  enfrente da casa do Cuturro. Foi propiedade do avó por parte de pai  do sr. Antonio, o capitán,  actual casa Antonio Alvarez.

Hoxe a ubicación na que estaba forma parte da actual casa de Gallego.

 

 

As Grandes Casas das Aldeas

  • Desaparecidas

    Nesta categoría van as casas pobres de solemnidade, que vivían da caridade dos demais e casas que desapareceron ben por fusionarse con outras, ou onde se ergueu outra no seu lugar e outras onde quedan vestixios da súa anterior existencia.

  • Contemporáneas

    As  casas sitas nos distintos lugares de PIÑO, as cales se irán engadindo consecutivamente ata ter o rexistro completo sen que haxa ningunha data límite para dar por rematada a sección.

  • Fidalguería

    Fidalgo : Persoa pertencente a unha clase social que vivía das rendas das propiedades agrarias, dominante, xunto co clero, no agro dos países de Europa Occidental entre a Idade Media e a xeneralización do capitalismo e que en Galicia se apoiou na institución do foro.

    Os pazos dos fidalgos.   Fonte: Real Academia Galega