Lembranzas dos da casa da Cuturra

Casa da Cuturra  

Para saber máis dos membros desta casa pincha no ligazón  Casa da Cuturra  

Lembranzas miñas

Coñecín o Pedro da Cuturra dende ben pequena.

Cando veu a Piño có seu fillo Esteban, eu apenas tiña dez anos e a miña irmá unha ducia. Chamáranos moito a atención, era un rapaz con melena loira e unha apariencia moi mística.

Foi un dia inesquecible para nós, coñecémolo e compartimos momentos que perdurarán mentres vivamos.

As cousas da vida fan que te volvas a atopar coa xente e có tempo descubres, cousas.. moitas cousas.

Pedro e a  súa dona finaron, sempre os levarei no me corazón.

Campodrón, Girona, é o lugar onde eles tiveron o seu fogar. Cando fun a visitalos ala polos noventa, sorprendinme da semellanza daquelo con isto.

Si cadra ata me pareceu máis fermoso. Esteban tiña vacas e grandes prados, a súa casa era como as nosas, as da aldea...

Os Da Nesa mercáronlle a casa vella da Cuturra e na actualidade o espazo que abranguía forma parte  dela.

Din as linguas que meu Bisavó o Perfeuto, logo de perder aos seus fillos e mulleres de tuberculose, anduvo en amorios con esta señora da que seica nunca faltou que falar.

Casa de Rei

Estaba sita no Requeixo.

O home coñecido polo Rei estaba casado con María, unha irmá de Juan da casa de Seoane, pai de Serafín, Josefa e Benito.

Tiveron cinco fillos. Nombramos a Dolores que casou con Celestino de Eixón, Manuel que  casara cunha irmá do Manolo da Amable e que foi o que ultimamente lle vendeu a Aira aos de Morales e Lino que fixo unha casa no Pereiro

Casa do Gambito

Nos anos setenta a filla do Gambito mandou un Poder aos da Portela para vender as propiedades que deixaron en Piño.

Tratábase dalgunha finca e dunha pequena casa situada en Suhortos da que non queda nada.

Na antiga ubicación desta pequena casa,  nos anos oitenta, o Ramón da casa da Elia que viñera para Piño e montara un supermercado na casa nova da Yolanda, no Pedredo, mercou o recinto  e construiu un matadeiro para os becerros que vendía no supermercado. Hoxe segue en pe.

Non temos máis datos, o lugar de emigración da filla do Gambito foi  Bos Aires, lugar do que nunca voltou.

 

As Grandes Casas das Aldeas

  • Desaparecidas

    Nesta categoría van as casas pobres de solemnidade, que vivían da caridade dos demais e casas que desapareceron ben por fusionarse con outras, ou onde se ergueu outra no seu lugar e outras onde quedan vestixios da súa anterior existencia.

  • Contemporáneas

    As  casas sitas nos distintos lugares de PIÑO, as cales se irán engadindo consecutivamente ata ter o rexistro completo sen que haxa ningunha data límite para dar por rematada a sección.

  • Fidalguería

    Fidalgo : Persoa pertencente a unha clase social que vivía das rendas das propiedades agrarias, dominante, xunto co clero, no agro dos países de Europa Occidental entre a Idade Media e a xeneralización do capitalismo e que en Galicia se apoiou na institución do foro.

    Os pazos dos fidalgos.   Fonte: Real Academia Galega