Casa do Xusto

Estaba sita no Barrete de Tres, entre a casa do Barroso e a casa de Seoane.  O que quedaba dela vendeuse fai máis de vinte anos. Nela naceu ao menos o pai do Manuel do Xusto e do sr. Juan da Cubana, que era fillo dunha dos Galgo.

Na  actualidade esta sita na rúa do Pacio, chegando a Suhortos. O fillo do Manuel,  Lino, o derradeiro zapateiro da nosa parroquia, finado non hai moito, e da súa dona Concha, orihunda de Rivas Pequenas,  a súa filla Marina e o seu xenrro Toño, orihundo de Canedo.

Casa do Guardia

CASA DO GUARDIA 

O avó do sr. Antonio o Capitán, por parte de pai pertencia á casa do Guardia que estaba ubicada no Pacio, ao lao da casa do Zouriles enfrente da casa do Cuturro. 

Hoxe a ubicación na que estaba forma parte da actual casa de Gallego . Casa Gallego - Os Rodríguez

Casa do Pepe de todos

Ao Pepe de todos chamábanlle así porque ía a casa de todos os que o necesitaban a traballar a cambio de comida, un bolo de pan, touciño ou o que lle deran para poder darlle de comer a súa familia. Os recordos deste personaxe dos que hoxe ainda viven e o coñecen ven sexa por historias ou referencias e de ser unha moi boa persoa. Pronto vos direi onde estaba a casa, quen eran seus fillos e que pasou cos da súa descencencia. Si alguien o sabe e quere poñelo pode facelo a traveso dos comentarios habilitados nesta entrada. Gracias. 

As Grandes Casas das Aldeas

  • Desaparecidas

    Nesta categoría van as casas pobres de solemnidade, que vivían da caridade dos demais e casas que desapareceron ben por fusionarse con outras, ou onde se ergueu outra no seu lugar e outras onde quedan vestixios da súa anterior existencia.

  • Contemporáneas

    As  casas sitas nos distintos lugares de PIÑO, as cales se irán engadindo consecutivamente ata ter o rexistro completo sen que haxa ningunha data límite para dar por rematada a sección.

  • Fidalguería

    Fidalgo : Persoa pertencente a unha clase social que vivía das rendas das propiedades agrarias, dominante, xunto co clero, no agro dos países de Europa Occidental entre a Idade Media e a xeneralización do capitalismo e que en Galicia se apoiou na institución do foro.

    Os pazos dos fidalgos.   Fonte: Real Academia Galega

Image
Alt Text
APROVEITA AS OFERTAS EN LIBRO DE TEXTO E PAPELERÍA Recibe na túa casa os libros e o material escolar para o novo curso 2023-2024 Os mellores prezos Online.