COUSAS DE PIÑO
BREVES SEGUNDA QUINCENA
- O pasado domingo de Ramos na igrexa parroquial cheo absoluto. Moitos foron os veciños que por un ou outro motivo acudiron á misa do Domingo de Ramos.
- O 14 de Abril, en Sober gran día de festa como ven sendo habitual a Feira de Amandi reuniu a miles de persoas en torno ao viño. Mais Info
- Nesta terceira semana de mes finou Herminia da casa de Quevedo aos 91 anos de idade. D.E.P. e tamén Casto Enriquez, irmán do Celestino da Alisa tivo o sepelio no ceminterio parroquial de Veiga
Chegamos aos días da Semana Santa onde se pode ver algo máis animadillo o noso pobo, así como os da contorna. Son moitas as persoas que nos visitan estes días.
As ofertas culturais medran. Este finde Feira do Viño en Quiroga e Feira Medieval en Monforte, sen contar a da augardente de Portomarin e un montón de ofertas lúdicas por toda a xeografía.
E despediremos o mes coas festas da Ferreirúa.
BREVES PRIMEIRA QUINCENA
- Comezamos abril informando do acondicionamento por parte da Asociación Veciñal Santa Bárbara do campo que mercaron o mes pasado.
- En Sober un ano máis celébrase a Feira do Viño de Amandi.
- De momento en Piño ainda que xa empezou oficialmente a campaña electoral non hai más carteles na parada de Bus que os meus calendarios.
Nuns días seguro que está a tope. Esperemos non me arranquen o calendario!!!
Artigos Arquivados