Finalizamos o mes coa defunción de Estrella Pérez Quiroga, aos 105 anos de idade, celebrándose o funeral do seu enterro o día 28 de febreiro ás cinco da tarde na igrexa parroquial de Santa María de Piño
O día 17 no xantar de confraternidade a secretaria da asociación veciñal Santa Bárbara informou aos presentes da posibilidade de comprar un campo para a festa, e de poñelo a nome da asociación como representante do mesmo, para o cal informou dunha reunión para o día 24, sábado as cinco da tarde onde se decidiu a compra do mesmo e a aportación de 20 euros por casa. Os veciños de Centeais e Vales amosaron interese en participar na compra.
NOVEDAD - O Título da música do video é Tolemia e a intérprete Cristina Pato, os protagonistas veciños da parroquia .
Comezamos o mes có xoves de compadres e as nosas veciñas, Luisa, Maruja e Herminia sorprenderon facendo estes fermosos compadres para lembralo.
Todo o mundo sabe que na Calendaria casan os paxariños, e as nosa parella de cigoñas esta pretendendo facelo pois estes días víuselle namorando.
Hai varias novidades de interese. Xa vos irei participando da evolución en seguintes entradas. Feliz mes.
Entre esas novidades que anticipaba está a elección de presidente da asociación veciñal , quen ademais será parte da comisión das festas da Santa Bárbara, da cal leva o nome a asociación.
Por outra banda en Santiago de Compostela houbo unha gran manifestación en defensa dunha sanidade pública en contra das privatizacións.
Lee máis nesta ligazón : Manifestación en Santiago
Na segunda semana de febreiro, deixanos unha querida veciña e amiga, que pasaba largos periodos na súa casa de Suhortos, e que levaba en Inglaterra moitos anos, Justa da casa de Alexandro.
Nun desafortunado momento perdeu a vida . Dende estas liñas comunicarlle á familia o meu pesar e tamén o meu apoio para unha pronta superación desta dolorosa perda.
O xoves día oito, Yolanda, Herminia e Luisa fixeron as comadres e lucíronlle moi ben ao longo de todo o día na praza España.
Outra das novidades é que a asociación veciñal Sta. Bárbara promove unha xuntanza de confraternidade para o sábado dezasete de febreiro no local social .
Haberá un xantar de Entroido e todos os asistentes terán que ir disfrazados.
{vsig}febreiro18{/vsig}