Comentarios

No comments

Nobody has submitted a comment yet.

Xaneiro 2020

NOVIDADES DE XANEIRO

Os ventos de fin de ano deixaron numerosos pinos arrincados ou partidos en toda a parroquia. 
Moitos pinares tiveron que ser vendidos con precipitación dado o estado no que quedaron as árbores.
Neste mes de xaneiro tamen vou a enviar un escrito a Deputación Provincial denunciando o estado das cunetas, no firme e dos letreiros de Pompedriña e solicitando unha intervención.
O paso das desbrozadoras no mes de novembro deixou as cunetas atoadas en varios tramos e ao chover a auga campa as súas anchas por riba do firme.
En canto a situación dos letreiros da Deputación claman ó ceo. Levan máis de 30 anos en estado ruinoso e de óxido  deixándolle aos visitantes un claro exemplo de abandono por parte das administracións, cousa que debemos denunciar e con máis motivo estando en zona da Ribeira Sacra, nominada a Patrimonio da Humanidade.

O DIA DE REIES EN PIÑO

Ás trece horas na igrexa parroquial misa de Reies. 
O cura párroco D. Manuel aos seus case noventa anos, con unha saúde delicada segue acudindo a dar a misa á nosa parroquia.
Neste tempo tan frío e de matanzas moi pouca xente da que quedamos acude á misa polo que o párroco non vai a vir cada domingo, senón cada dous.
O esforzo que fai para vir non é recoñecido por os veciños que non chegan as veces nin a media ducia.

No hay comentarios