Comentarios

No comments

Nobody has submitted a comment yet.

Xullo 2018

Primeira e Segunda Semana de Mes

Comezamos o mes na parroquia celebrando a misa do domingo día 1 de xullo ás 17 horas pola celebración dunha primeira comunión. 

Nas imaxes podedes ver  o polémico potro  que segundo as informacións  das partes implicadas  parece ser que van a renunciar a él no concello as persoas que reclaman a propiedade do sitio no que se atopa .

Todos os veciños recibiron no seu domicilio unha carta do concello informando dunha reunión no local social da parroquia para o próximo 12 de xullo de 2018 as 11:00 horas para tentar de resolver as discrepancias ou dúbidas xurdidas coa regularización catastral.

Co bon tempo, aínda que case non parou de chover no que levamos de xullo comezan as obras de reparación de teitos, desbroces e da sega.

José Manuel Danesa reparou as cancelas do atrio parroquial  e o mesmo pedáneo  Jose Manuel de Campelo, tamén podou as árbores do lugar. Algún veciño tamén segou un pouco a carreteira principal dende Lamaredonda ata a costa facendo unha gran labor xa que estaba moi perigosa a circulación e  dende o concello responderan que ese traballo pertencía á Deputación.

O día sete tivo lugar a V edición da Feira Guímara na Pobra . Podedes ver unhas imaxes e un pequeno vídeo do momento na seguinte ligazón.

https://aldeasgalegas.com/index.php/gl/89-verano/192-guimara-2

Segunda Semana de Mes

En canto á reunión prevista no local social acudiu xente de Vales - Veiga, Santalla de Rei e Piño. Tamén veu o alcalde do Concello quen fixo unha introdución sobre o tema do catastro para informar aos veciños de que visto a situación tan prexudicial para os que vivimos no rural desta subida do IBI e os atrasos correspondentes,  que partiu do goberno central promovida polo partido Popular na suba do valor catastral, o concello viu a necesidade de por a dispor  dos veciños un servizo de asesoramento para solucionar os problemas derivados.

Ao rematar esta introdución eu mesma lle preguntei que parte da recadación extra que por este motivo tivo o concello ía a adicar a pagar débeda ao que respostou que nos once anos que levan gobernando xa a reduciu a metade e que están a pagar anualmente en torno aos 70 mil euros . Dedúcese que non van a aminorar máis a débeda xa que a recadación irá destinada a creación dunha residencia de maiores de xestión Pública na que aportaran 200.000 € e os terreos onde se vai afianzar e a Deputación  aportará o restante, algo máis dun millón de euros. A residencia contará con corenta prazas públicas onde os veciños da Pobra serán os primeiros beneficiados.

Houbo unha activa participación dos asistentes  que aproveitaron a ocasión da visita inesperada do Alcalde para participarlle de problemas tanto públicos como persoais.  

En canto aos problemas públicos  están o da levada ao punto limpo do concello  de enseres   que na actualidade non se pode levar a cabo polos veciños  dado o trastorno que supón e a avanzada idade da maioría. José Luis Maceda, comentou que hai unha ordenanza municipal que cobra algo simbólico por vir a recoller este tipo de enseres.. Dende o público instoúselle a que este servizo sexa de balde e que se realice en data fixa alo menos unha vez cada dous meses , pasando un vehículo público do concello a facer a recollida.

Tamén se falou do tema da depuradora do Fontao, informóuselle de que non está enchufada a corrente ou que non funciona e que o mantemento está pendente de facerse.  Xa non é o problema das augas fecais senón dos vertidos químicos que se están a facer sen contemplación ningunha do medio por parte dos que realizan lavados industriais con produtos contaminantes.

O alcade recordou aos veciños a obriga de ter unha fosa aséptica  en cada domicilio,  xa que a depuradora está pensada unicamente para augas pluviais ou xa descontaminadas. Si algún veciño denuncia estes vertidos, que o pode facer a solución terá que ser inmediata.

Como primicia Maceda Vilariño informounos aos presentes que estaba tratando de solucionar o problema que hai co transporte público  que en parroquias como Piño ou a Ferrerúa pasa pero sae as 08:00  e volve as 19:30 horas polos que os usuarios deste servizo vense obrigados a permanecer toda a xornada na vila de Monforte ou coller un taxi. A solución que propuxo foi a de que ese autobús regresase as 14:30 horas e en canto a parroquias como Oútara ou Vilachá que de momento non contan con servizo público de autobús  a partir do ano que ven si o terán realizándose a petición telefónica previa dos interesados en usalo, teléfono que se poñerá ao alcance de tódolos veciños de cara ao ano que ven.

Déixovos un pequeno audio da reunión.

E para rematar comunicar que o próximo 21 de xullo as 17 horas haberá unha reunión no local social para renovar aos representantes da asociación veciñal de Piño Santa Bárbara. Esta reunión débese en parte a que na anterior reunión  houbo dimisión do cargo de Presidencia.

Todo o que se fai por o pobo non debe de criticarse, xa que cada un que aporta esforzo e traballo para que as cousas vaian ben é encomiable. Sí é verdade e que ese esforzo debe ser constante e as cousas han de intentar mellorarse. Non vale calquera cousa e de calquera maneira.

Irregularidades na CMVMC non están tendo consecuencias porque non se tira da manta, xa que perseguimos a unión  do pobo e non queremos conflitos. Non soamente eu senón máis xente e consciente desas irregularidades. E como ben publiquei en anteriores ocasións a Comunidade de Montes non ten socios senón comuneiros e o órgano de representación é a Xunta Reitora,  comento agora que a Asociación de Veciños non é correcto nomeala como comunidade de veciños, e que non se pode nomear aos representantes da mesma como Xunta Reitora xa que esa denominación é exclusiva da CMVMC, no caso de asociacións veciñais noméase Órgano de Dirección ou coloquialmente falando Representantes da asociación. Este tipo de cousas fan que cando un veciño que non se decata xa moito aínda se decate menos xa que non sabe nin quen está convocando, eso sin ter en conta que todas as comunicacións teñen que ser asinadas por alguén e iso non se está a facer.

Veciños, non vale todo, e non é ser "toca huevos" como diría o "Pepiño", precisamente como somos unha parroquia que persegue a súa supervivencia debemos  traballar para facer as cousas correctamente.

 

O día nove en Castroncelos estivo Ana Pastor a xornalista có motivo da busca dos corpos das vitimas da represión franquista.

Ligazón á noticia. http://xornaldelemos.gal/sen-categoria/2129-reinician-os-traballos-para-atopar-os-corpos-das-vitimas-da-represion-franquista-en-castroncelos/

 

Terceira e cuarta semana de mes

Unha vez corrixidas as erratas ou faltas ortográficas do texto superior, prosigo contándovos o que rematou de pasar nestes días.

O 14 de xullo unha vez máis Feira Outrora en Rubián- Déixovos a ligazón ao artigo que elaborei para o concello de Bóveda .

O 21 fun a Veneira de Roques a misa e xantar da festa na honra a María Magdalena. Antigamente ían de Piño  camiñando, en Ferreiros xuntábanse cos de alí e subían todos a celebrar ao longo da xornada. O propio día é o 22 e aínda que non tiveron festa si houbo xantar de confraternidade.

 

Foto antiga

 

Da reunión da asociación Santa Bárbara saíu  Presidente o actual pedáneo. Hai un esforzo para que non se disolva. Tamén saíu unha vocal nova.

En canto ao común do Xuncal trala proposta dun veciño que vai  a recoller sinaturas para solicitarlle á "Comunidade de Montes" que lles deixe o campo de fútbol  e conta có apoio da Asoc. Veciñal Sta Bárbara. A maioría dos integrantes da Asoc. de Veciños tamén son Comuneiros polo que non terán ningún tipo de problema para que isto sexa así, xa que en calquera CMVMC  as decisións son tomadas en consenso por todos os comuneiros e non dependen da xunta Reitora unicamente.

Comento isto porque xa empezaron os veciños que poden  a talar,  cortar as árbores autóctonas que poboan o Xuncal. É lamentable que non poidan servir á xente maior do pobo esa leña. Seguramente moitos estarían dispostos a recibila aínda que tivesen que pagar algo porque llela levaran a casa e por cortala. Sempre lles sairía máis económico. Todo apunta a que se isto no se fai e non se lle da a posibilidade a todos os comuneiros e veciños  a que esta leña que quede sen cortar cando veñan as máquinas que van arrasar o Xuncal van arrancalos, enterralos ou mesmo queimalos sen beneficiar a ninguén.

 

 

 

 

No hay comentarios