Casa da Cuturra

A casa da Cuturra estaba situada no entorno do Pacio.

A Cuturra casara co irmán do Pepe da  Casa do Pepe de Todos.  

Por aquel entón fai xusto neste 2021 un século quedou viuva xa que o seu home foi morto na guerra, na batalla de Anual.

Dese matrimonio á Cuturra quedáronlle dous fillos, Vitorino e Jesús.

Na súa viuedad, e  ainda nova quedou preñada por terceira vez e tivo otro fillo, o Pedro. Ela aseguraba que era dun da Casa dos Quiroga

Vitorino foi Policia en Barcelona e logo montou un bar. Levou á mai para onde eles ata que finou.

Jesús foi Guardia Civil por terras de Pantón.

Pedro, finado fai poucos anos vendeu todo antes. Vivía en Gerona e tivo dous fillos un deles, Esteban xa finado.

Na actualidade o lugar físico que ocupaba esta casa pertence á casa Da Nesa.

Casa da Carolina

A casa da Carolina é actual casa de Manola Piñeiro Glez, viuva de Antonio Silvarrei Vega, fillo de Nicanor e Julia,  filla de Carolina.

Nicanor veu a traballar a Piño a casa dos Balboa e namorouse da Julia.

Tiveron dous fillos o Antonio e a Julita.

Do matrimonio de Antonio e Manola non houbo fillos

Do matrimonio de Julita cun de Ferrería do Incio houbo duas fillas que viven en Lugo.

Non temos probas de que a Carolina fose a que lle compuxeron no seu día a popular canción galega a saia da Carolina pero do seu primeiro matrimonio cun dos Galgos tuvo dous fillos Dolores de Xacobe e Arturo, desaparecido en Cuba.

O segundo matrimonio có Lores, porque era do Lor tivo a  Concha casada cun irmao do Manuel do Xusto, a Jullia do Nicanor, a Manuela de Portela, a Esperanza de Seoane.

Casa do Voluntario

CASA DO VOLUNTARIO

A ubicación actual desta casa sabemos que foi onde hoxe en día está o galiñeiro da actual casa da Yolanda, no Requeixo.

Sabemos dela polo que contou o Manolo de Baldomero Casa dos Villa ( Loureano, Baldomero e Leandro), xa que a súa nai era desta casa.

Cóntase na tradición oral que o Voluntario Vello viu como mataron ao Benito de Carnera.

Se queres saber máis accede  nesta ligazón

As Grandes Casas das Aldeas

  • Desaparecidas

    Nesta categoría van as casas pobres de solemnidade, que vivían da caridade dos demais e casas que desapareceron ben por fusionarse con outras, ou onde se ergueu outra no seu lugar e outras onde quedan vestixios da súa anterior existencia.

  • Contemporáneas

    As  casas sitas nos distintos lugares de PIÑO, as cales se irán engadindo consecutivamente ata ter o rexistro completo sen que haxa ningunha data límite para dar por rematada a sección.

  • Fidalguería

    Fidalgo : Persoa pertencente a unha clase social que vivía das rendas das propiedades agrarias, dominante, xunto co clero, no agro dos países de Europa Occidental entre a Idade Media e a xeneralización do capitalismo e que en Galicia se apoiou na institución do foro.

    Os pazos dos fidalgos.   Fonte: Real Academia Galega

regalos de nadal
samain