O sábado día dous celebrouse na igrexa parroquial a bendición das candelas e as roscas para o San Brais.
Este mes son os compadres e as comadres. O ano pasado puidemolos ver na praza España e este ano imos ver se as mulleres están animadas.
En canto a outras novas :
Xa está a granxa de porcino en funcionamento, a finais de xaneiro trasladaron a ela aos animais.
As asociacións actuais da parroquia, a de Montes e a Santa Barbara celebraron nestes primeiros días de mes asambleas ordinarias.
O potro xa ten dadas as masas ao redor e no interior .
Seguen a talar masivamente os pinares de particulares. Hai unha alta demanda de pino para moer e facer taboeiros.
Artigos Arquivados