Os ramistas deste ano 2018 acompañaron no domingo 13 a charanga Nova Teras de Trives facendo a alborada polas rúas da parroquia. Na misa interpretou varias pezas entre elas foi moi emotiva á hora da comunión que estivo moi animada polas súas voces, ao rematar procesión retrasada nun primeiro momento por mor da choiva.
O video da comunión non está moi ben , nun principio íame decantar por poñer soamente o audio, pero penso que pode ser un bonito recordo do noso párroco e algúns dos veciños participando na eucaristía, no obstante se o contido lle molesta a algún dos protagonistas non teño inconvinte en retiralo.
Os raparigos pasárono moi ben durante a xornada do sábado coas competicións que desenvolveron no campo da festa que neste ano tamén foi cedido polos herdeiros de Avelino de Escaleira
A xuventude que acudiu tamén declarou nas redes sociais que disfrutaran moito e que había que repetilo, que foi todo un éxito.