Novos contidos
No domingo de ramos o noso párroco dende que Don Elias se xubilara, don Manuel, deu a misa axudado a vestirse polo seu irmau, todo unha proeza a súa recuperación e o seu exemplo para cumprir cós votos adquiridos no momento da súa elección á "celibatía". É unha persoa moi humana e soamente teño palabras de admiración e respeto hacia il, inda que como de todos falar sempre hai que falar. Un dos primeiros curas modernos, empezou a finais dos oitenta creo lembrar. Leva sete ou ata oito parroquias.. bueno, levaba, porque nistes momentos hai unha falta de curas palpable, tamén é verdá que cada vez é menos a xente que vai ás misas, agás nun día moi moi sinalado onde a maioria dos que van famno por agradar o gusto dun terceiro.
Estase perdendo o de enterrar aos mortos, as tendencias son maioritariamente crematorios. Incluso nas vilas que eu coñezo xa non teñen a costume de meter ao morto no medio da igrexa, e a xente ao seu carón dándolle a última compañía ata o cacho de terra que teña comprado/apalabrado pra deixar extinguir por si mesmo ao propio corpo sen acelerar o proceso natural da auto-trasformación.
Agora no século XXI está de moda queimar e contaminar. Non me vou poñer romántica. Xa se me pasou. Digo pq eu tamén me ofrezo voluntaria para que me queimen, mellor así Deus terá menos onde escoller. Por si non o sabedes a relixión considera un acto de pecado a queima dos corpos. E iso non ten porque ser unha cousa mala. Eu comparto a idea de que é mellor deixar a natura que actúe ao seu ritmo. Non estou a favor da lapidación, por iso prefiro a queima.Admiro ás culturas que seguen a enterrar aos seus mortos en terra directamente.Os camposantos nunca deberon de deixar de ser baixos, ao meu parecer.É femoso escorrentarse flevemente ata misturar coa terra que te viu nacer e ir mudando así ata confundirte coa maleza.E púxenme romántica, sempre o fun, e moito.
17/03/2018 - Este mes non tiven demasiado tempo libre para actualizar a Web, espero poder facelo proximamente.
Non hai ninguha novidade destacable, agás un pequeno contratempo á hora da compra do campo da festa.
Ademais non parou de chover en todo o mes có que a auga volveu encher o noso arroxo O Teixugo.
Por outra banda a granxa de porcos que estan facendo no rodo xa ten o teito e pronto comezaran a poñerlles as paredes.
En canto ao día da muller houbo unha importante concentración na vila de Monforte por tal motivo.
Merecido Recoñecemento para o noso veciño Carlos da Casa do Justo
Na feira do viño de Amandi, o concello invitado foi o noso da Pobra do Brollón, alí acudiron os representantes do partido de goberno e tamén da oposición, ainda que o agasallo como é habitual recolleo en nome do concello o actual edil , que podedes ver nun dos momentos do acto.
Novo reportaxe con momentos deste festivo fin de semana