Rematou o ano có noso cura párroco. D. Manuel, mal de saúde polo que empezamos o ano con misas pouco afluenciadas dadas polo cura do Incio, tamen maior, como él, pero puido vir a cubrir a vacante. Todo o mundo sabe que non hai vocacións e que os sacerdotes que quedan son de moi avanzada idade.
Por outra banda, comunico que vou seguir contanto por este medio as cousas que falan publicamente na parroquia.
Antigamente as cartas contaban aos emigrados as noticias, logo os teléfonos, na actualidade menos cartas, máis teléfonos e Internet, que é como unha carta común para moitos destinatarios considerados simpatizantes e amigos.
Sendo como é unha parroquia grande, a nosa, sempre hai novidades.
En canto a granxa de porcino que están a facer, vai moi avanzada. Houbo algúns incidentes có desterre da cimentación xa que a estrada quedou chea de torróns que caeron ao transportala, durante moitos días, sendo incluso perigoso ir por ela. Este tipo de cousas e a auga destes primeiros días de ano que correu ao seu antoxo por riba dela, porque as cunetas non son limpadas, vai facer que en pouco tempo volva a estar estragada.
Máis novidades, varias casas en venda e algunhas en aluguer.
"Nestes momentos dícese que a casa nova da Milucha foi mercada por unha familia de Monforte"
-Desmíntese a compra da casa da Milucha, parece ser que eran rumores.(29/01).
A casa das do Murra leva varios meses alugada e a do Antonio de Sabelucho están preparando para facelo próximamente. A do Celestino e o Café seguén en venda.
Outra novidade é que o barrete de Suhortos está un pouco máis enchido de vida xa que parece ser que se creou unha gardería para cinco raparigos e xa está completa.
En canto á polémica do Potro de Piño, que non teño comentado moito pero todo o mundo sabe, que se chamou a él un veciño e lle puxo candado e rompeu os bloques de cemento para facer paso a un anaco de terra á que tamén se chamou, pois alguén lle cortou o candado por dúas veces. Membros da asociación de veciños xuntáronse có alcade do concello para intentar buscarlle unha solución ó tema, a finais do mes de decembro. Parece ser que se busca unha saída diplomática ao asunto.
Como é habitual as nosas terras énchense de cazadores nesta época do ano. Varias cacerías para intentar controlar a plaga de xabaríns que temos. Días pasados saíu no xornal que en Chantada abatiron dez nunha xornada, por desgraza en Piño non dan caído, e ao día seguinte de estar os cazadores o xabaríns seguían e seguen a poñer en perigo as viaxes xa que é moi frecuente atopalos á noitiña na estrada, preto da granxa que están a facer.
E así é como comezamos 2018.
Pra rematar o mes comunicar a defunición da filla da Julia e Nicanor, Julita a quen se lle deu sepultura o 31/01 no ceminterio do Incio.
Grazas por visitar a Web.