Comezamos setembro coa festa de Bóveda como tódolos anos. En Ribas Pequenas, os Remedios, unha gran festa en Sarria tamén, ali hai moita tradición de ir xantar este día, e tan grande a romaría como no Val de Lemos o San Mateo.
As miñas duas avoas naceron en setembro, unha o día oito e outra o nove. A da casa do Gallego, Rosa naceu o día nove, a de VER o oito, o día dos Remedios.
- Hoxe 07/09 deu misa o cura do Incio que axudou ao de Piño no sepelio dun neto da Estrella.
- O domingo decesete hai reunión para elexir xunta retora e actualizar listado de comuneiros no local da Fonte da Vila.
- O Teixugo está completamente seco. Fai poucos días cortaron a auga do canal e xa non se nutre das fugas deste.
- Un raio partiu unha árbore na carreira da Riba, podedes ver as imaxes
E poucas novidades mais, agás que este ano as uvas viñeron a 70 céntimos de EURO, penso que queren que non se faga viño na casa ou soamente o fagan os ricos ou aos que lle gusta moito.Hai moitas tarefas domésticas e agrícolas, entre patacas, viño, mel, horta e outras colleitas hai moito que facer na aldea. A maiores a maioría é xente moi maior á que hai que coidar ou velar. Non é doado conciliar a vida laboral coa familiar nestas circunstancias.
Hoxe domingo 10, marchou a Mimi a estudar á Universidade de Santiago. Síntese moi contenta por ser parte dos que este ano 2017 van por primeira vez a Universidade, son os que corresponde os natos en 1999 último ano do século XX. Desexo que lles vaia moi ben a todos eles que comezan a súa primeira gran independencia. Síntome moi orgullosa dela, e non é para menos. Merece moito ir a estudar a nosa capital, unha das urbes máis ricas culturalmente falando e patrimonio de tódolos galegos.
O domingo pasado no local social de Piño aos comuneiros da CMVMC da parroquia de Santa María de Piño faltouse á verdade . Houbo xente que ese día foi a darse de baixa pero xa fixeran eles o traballo por eles sen nin sequera dar opción de decilo.
De momento podedes ollar o mapa nas imaxes en zona verde que comprende a Rede Natura na nosa parroquia tamén, incluíndo os montes. A maiores, ao chegar á reunión observamos que eliminaron á xente de comuneira sen previo aviso.Pola miña parte expresar dende eiquí que non vou a participar máis comunicados desta CMVMC mentres non sexa supervisada polo Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común e os comuneiros que estaban inscritos figuren de novo no listado ou fagan a súa renuncia tal e como figura nos estatutos.
Podedes ver na imaxe novidades que aconteceron nos últimos días de mes có potro de Piño.
No local social de Piño estase a realizar como cada ano ximnasia para as mulleres que o desexen, os martes e xoves.