Sobre a CMVMC
Da reunión da Comunidade de Montes de Piño que se celebrou o pasado día oito saíu unha nova xunta retora para representar aos algo máis de trinta comuneiros que a conforman. Esí o Presidente novo é Manolito da casa de Carnera, a Secretaria Ana da casa de Seoane, e o Tesoureiro J.Manuel da casa do Morales.
Desexamos teñan un próspero mandato dentro da complexidade que supón rexir unha asociación deste tipo no momento actual. Ao disolverse a Asociación Veciñal Santa Bárbara o ano pasado o local social pasa a estar representado pola vixente asociación de montes.
Aviso, corrección de información no mes de febreiro.
Artigos Arquivados